Ames pon o galego ao alcance de todos con novos obradoiros de acollemento lingüístico
As actividades desenvolveranse en Bertamiráns e O Milladoiro e están dirixidas especialmente a persoas procedentes de fóra de Galicia

VI Premios Lingua e Empresa de Ames. / Cedida
Iker Cotón
Ames abrirá mañá as inscricións para os obradoiros de acollemento lingüístico "En galego, co teu acento". Ditas inscricións permanecerán abertas ata o vindeiro venres 11 de setembro. A iniciativa busca aproximar a veciñanza amesá á lingua e á cultura galegas dun xeito práctico. Todo isto á vez que se busca favorecer a integración social das persoas procedentes de fóra de Galicia.
Celebraranse dous obradoiros, un en Bertamiráns e outro no Milladoiro, de case un mes de duración. As sesións impartiranse en horario de mañá de luns a xoves e terán dúas horas de duración. A inscrición nestas actividades é gratuíta e pode realizarse tanto de xeito telefónico como de xeito presencial: acudindo ao Servizo de Normalización Lingüística, situado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ou á oficina do Servizo de Atención ás Persoas Migrantes (SAMI), situada na rúa de Abaixo do Milladoiro.
O obradoiro
O obxectivo da iniciativa “En galego, co teu acento!” é o de achegar a lingua e a cultura galegas á veciñanza procedente de fóra de Galicia ou que, por diferentes motivos, non tivo oportunidade de coñecela. Neste obradoiro colaboran a Concellería de Normalización Lingüística e Benestar Social e terá unha duración total de 30 horas. A primeira quenda será a de Bertamiráns, que se desenvolverá do 15 de setembro ao 8 de outubro no Pazo da Peregrina, de 9.30 a 11.30 horas. A quenda do Milladoiro comezará o 13 de outubro e rematará o 5 de novembro. Terá lugar no Centro Multifuncional durante o mesmo horario que as sesións de Bertamiráns.

Cartel dos obradoiros de acollemento lingüístico. / Cedida
As persoas que asistan a un mínimo do 90% das sesións serán obsequiadas cun diploma acreditativo de asistencia.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»