Deporte e desenvolvemento para 30 rapaces de Carballo con necesidades especiais
A Agrupación Deportiva Un Paso Máis clausura con éxito a segunda edición do espazo de verán
Respotaronn así aos requerimentos das familias que buscan un concilia máis axeitado para os fillos

Algúns dos usuarios e monitores nunha imaxe facilitada pola Agrupación Deportiva Un Paso Máis / Agrupación Deportiva Un Paso Máis
A Agrupación Deportiva Un Paso Máis clausura con éxito a II edición do espazo de verán Máis que deporte 2026 en Carballo. En total, foron trinta prazas para a rapazada con necesidades educativas especiais de Bergantiños, completando dous meses de xogos e deporte adaptados, estimulación integral e convivencia nas instalacións do CEIP Xesús San Luis Romero.
E, concretamente, será hoxe luns cando chegue ao seu remate a segunda edición do citado espazo estival, unha iniciativa impulsada durante os meses de xullo e agosto nese colexio. A iniciativa pecha as súas portas consolidándose como un recurso comunitario imprescindible para a inclusión e o lecer adaptado na comarca de Bergantiños.
Período non lectivo
Así, e ao longo de todo o período non lectivo, os participantes contaron cunha programación deseñada para favorecer o desenvolvemento motor, cognitivo e relacional a través do deporte. Todas as sesións foron planificadas baixo unha metodoloxía flexible que priorizou o ritmo individual, o fomento da autonomía persoal e a creación de vínculos afectivos nunha contorna segura, acolledora e libre de barreiras.
A xestión técnica e pedagóxica do proxecto estivo encabezada pola doutora Isabel García, quen coordinou un equipo interdisciplinar integrado por profesionais da logopedia e da intervención terapéutica, coa colaboración de estudantes universitarios en período de prácticas formativas. Este cadro profesional permitiu traballar con ratios moi reducidas, garantindo unha supervisión constante, apoios individualizados na comunicación e na conduta, e unha atención de calidade adaptada á realidade de cada participante.
Resposta a necesidades
Máis alá dos beneficios directos para os menores, o espazo deu resposta a unha das principais demandas sociais das familias con nenos con diversidade funcional: dispor dun servizo de conciliación real e especializado durante o longo parón estival. A iniciativa permitiu compatibilizar as xornadas laborais coa tranquilidade dun espazo formativo e terapéutico de calidade.
Cooperación
O éxito desta segunda edición foi froito da cooperación entre o tecido asociativo, a administración local e o sector social. O programa desenvolveuse grazas ao traballo organizativo da Agrupación Deportiva Un Paso Máis, á colaboración do Concello de Carballo a través de Carballo Deporte —coa cesión e posta a punto das instalacións escolares— e ao respaldo e compromiso social de "la Caixa". Tras o balance positivo, a entidade xa traballa na planificación de vindeiras convocatorias para continuar ampliando o alcance do proxecto no municipio.
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Pierde la vida un trabajador en Negreira tras sufrir una caída en una obra
- La Xunta exige al Estado garantías 'por escrito' para que Galicia no pague 'una factura millonaria' por la AP-9
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas