Diego Ríos, 66 anos de sacerdocio e toda unha vida ligada a Oroso
O sacerdote, natural de Trazo, foi ordenado en Santiago en 1960 e desenvolveu boa parte da súa traxectoria pastoral en Oroso e Frades

Pola dereita, o alcalde de Oroso, Alex Doval, e o sacerdote Diego Ríos. / Cedida
Iker Cotón
O sacerdote Diego Ríos Noya cumpre 66 anos como sacerdote. A súa ordenación sacerdotal tivo lugar o 28 de agosto de 1960 en Santiago de Compostela. A isto seguiulle unha traxectoria marcada por décadas de dedicación pastoral e unha estreita vinculación co Concello de Oroso.
Diego Ríos é natural de San Xoán do Campo, en Trazo, onde naceu no ano 1934. Foi ordenado sacerdote polo cardeal Fernando Quiroga Palacios xunto con outros 46 diáconos e, poucos días máis tarde da ordenación, celebrou a súa primeira misa na igrexa parroquial da súa localidade natal.
Durante os primeiros meses do seu ministerio fíxose cargo de San Martiño de Marzoa, en Oroso, e San Martiño de Galegos, en Frades, onde permaneceu preto de 22 anos. Durante a última etapa desta primeira responsabilidade parroquial, Diego Ríos tamén estivo encargado das parroquias de Senra e Cardama.
A nova etapa da súa carreira comezou en 1982 na parroquia de Sofán, onde desenvolveu o seu labor durante máis de 24 anos, chegando a compatibilizalo co traballo noutras parroquias. Trasladouse a Sigüeiro no ano 2006, tras deixar as súas responsabilidades pastorais por motivos de saúde. Nos seus propios escritos, o sacerdote lembra esta etapa, na que se atopou "moi a gusto e feliz".
Recoñecemento
O alcalde de Oroso, Alex Doval, trasladoulle ao sacerdote o recoñecemento e o afecto por unha vida dedicada ao servizo dos demais: “Son 66 anos de sacerdocio e unha vida enteira vinculada ás persoas, ás parroquias e á zona. Para Oroso é especialmente significativo que unha parte tan importante da súa traxectoria estea ligada ao noso concello”.
Doval recalcou ademais “a pegada que deixan persoas como Diego Ríos, que durante décadas acompañaron a xeracións enteiras de veciños e veciñas nos momentos importantes das súas vidas, e, a pesar da idade, segue con case 93 anos cumprindo coas súas obrigas e ao carón dos veciños”, e trasladoulle os parabéns en nome do Concello por este aniversario.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson