Manuel Quintana regresa a Teo cunha viaxe entre o interior e o exterior da súa obra
A mostra reúne no Auditorio da Ramallosa unha selección da obra do artista compostelano desde 2005, con pintura, escultura, debuxos, acuarelas e técnicas mixtas

Obra de Manuel Quintana Martelo. / Cedida
Iker Cotón
O artista compostelano Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo, unha selección da súa obra desde o ano 2005. Esta configuración expositiva que mestura pintura, escultura e papel; debuxos, acuarelas e técnicas mixtas titúlase Inside/Outside.
En palabras de Manuel Quintana: “A interpretación do título refírese ao contraste entre dous conceptos de traballo. Un, a mirada sobre o interior do estudio, os elementos que integran e dan uso no meu traballo, como os zapatos ou zapatillas, a roupa do taller, os materiais, as pinturas, os botes, os pratos que son paletas, pinceis... E a outra parte, a mirada exterior, os elementos alleos ao estudio, como un mariñeiro de Poio e o seu desenvolvemento ata a escultura; os contedores, que son pezas urbanas que como bodegóns contemporáneos poboan as nosas rúas; e todo son usos que se refiren ao exterior”.
Teo, lugar de creación
A exposición promovida polo Concello de Teo será inaugurada o vindeiro 4 de setembro ás 19 horas. "Acoller esta mostra ten un significado fondamente especial: É recibir na casa a quen fixo deste territorio o seu lugar de vida e creación e a quen Teo recoñeceu, con orgullo e gratitude, como fillo adoptivo", explica a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo. "Quintana Martelo ocupa un lugar indiscutible na historia da arte galega contemporánea. Para a veciñanza de Teo supón a oportunidade de descubrir ou reencontrarse coa obra dun artista excepcional”, segundo destaca no catálogo da mostra a rexidora teense.
A historiadora Pilar Corredoira destaca o eixe conceptual de proposta e a idea do xogo entre o interior e o exterior. “Fronte á dimensión da tea, sitúase a figura do artista e dos obxectos que pertencen ao seu estudo; a diferenza establece unha relación entre o monumental e o cotián, e a experiencia física do corpo en proximidade coa superficie pictórica”, engade Corredoira.
- Muere Manuel Peleteiro Ramos, hijo de los fundadores del Colegio Peleteiro de Santiago
- Medio Ambiente detecta un auge de la pesca eléctrica en los ríos gallegos: «No me esperaba que hubiese tanto furtivismo de este tipo»
- Las nueve medidas con las que el candidato del PP Borja Verea quiere convertir Santiago en 'la mejor capital de Europa' para las familias
- El primer bar vikingo de Santiago abre con un barco a tamaño real como barra: 'Va a ser algo nuevo en la ciudad
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- Hallan en el convento pontevedrés de Santa Clara un cerebro saponificado, restos de niños y el cadáver de un capellán
- Santa Minia de Brión 2026: Luar na Lubre, Olympus y Finisterre en la primera edición como Fiesta de Interés Turístico de Galicia