Melide abre o prazo para solicitar as axudas de ata 300 euros por fillo
O Concello destina 15.000 euros á convocatoria, dirixida ás familias con fillos nacidos ou adoptados entre novembro de 2025 e outubro de 2026

Nai sostendo un recén nacido. / EFE
Iker Cotón
O Concello de Melide abrirá mañá, martes 1 de setembro, o prazo para solicitar axudas a prol da natalidade. Esta convocatoria está dirixida aos pais e nais empadroados en Melide con fillos nacidos ou adoptados entre o 1 de novembro de 2025 e o 31 de outubro de 2026.
Un dos pais debe estar empadroado no Concello de Melide cunha antelación de seis meses á data do parto ou da adopción para acceder ás achegas. Ademais, os fillos ou fillas deberán estar inscritos no padrón municipal.
O Concello destina un total de 15.000 euros a esta convocatoria, que contempla achegas de ata 300 euros por cada fillo nacido ou adoptado no período establecido. Na convocatoria do ano pasado, o executivo municipal concedeu un total de 37 axudas a prol da natalidade, atendendo todas as solicitudes que cumprían as condicións.
Os requisitos
Segundo as bases reguladoras publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a persoa solicitante deberá comprometerse a continuar empadroada no Concello, xunto co seu fillo ou filla, durante un período mínimo de catro anos desde a data do nacemento ou da adopción. O empadroamento deberá supoñer a residencia efectiva: os proxenitores e os fillos deberán vivir de xeito habitual en calquera das parroquias de Melide.
As achegas son compatibles con outras axudas coa mesma finalidade procedentes doutros organismos públicos. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Melide xunto coa documentación requirida. Entre os documentos necesarios figuran unha fotocopia compulsada do libro de familia e do DNI da persoa solicitante, así como unha copia do auto xudicial no caso de adopción. Tamén será necesario achegar unha declaración xurada das axudas solicitadas ou recibidas coa mesma finalidade, os compromisos de empadroamento e de devolución da axuda en caso de incumprimento dos requisitos, a certificación dos datos bancarios e os certificados de estar ao corrente das obrigas tributarias coa Administración estatal e autonómica e coa Seguridade Social.
As bases completas da convocatoria atópanse no Anexo I do Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Pierde la vida un trabajador en Negreira tras sufrir una caída en una obra
- La Xunta exige al Estado garantías 'por escrito' para que Galicia no pague 'una factura millonaria' por la AP-9
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas