Regueifas, taller de pandeiros, música e teatro ambientaron o Mercado de Artesanía de San Ramón nas Torres do Allo
Os asistentes puideron coñecer e adquirir produtos elaborados por vinte e cinco artesáns

Asistentes ao Mercado de Artesanía de San Ramón. / Cedida
As Torres do Allo de Zas acolleron este domingo unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e artesáns e que durante toda a xornada combinou artesanía, música, tradición e actividades para todos os públicos.
Desde as 11.00 horas, as persoas que se achegaron ata as Torres do Allo puideron coñecer e adquirir produtos elaborados por 25 artesás e artesáns, nun mercado que se desenvolveu nun ambiente festivo e que contou coa presenza de público chegado tanto de Zas como doutros puntos do comarca.
“O Mercado de San Ramón é unha oportunidade para poñer en valor, ano tras ano, o talento e a creatividade das nosas artesás e artesáns, e tamén para gozar dun espazo tan especial como as Torres do Allo, o primeiro pazo de Galicia”, sinala o alcalde de Zas, Manuel Muíño.
A programación comezou pola mañá cun obradoiro de barro e coa loita de regueifeiros novos, conducida por Lupe Blanco, dentro do proxecto A Carriza de Aantena Teatro, dúas propostas que achegaron a creación artesanal e a tradición oral ás persoas participantes.
Ás 14.00 horas chegou un dos momentos máis concorridos da xornada coa sesión vermú da Charanga Tradicional Benofán. A continuación, a polbeira permitiu prolongar o ambiente festivo nas Torres do Allo.
Durante a tarde continuaron as actividades, especialmente pensadas para gozar en familia. Os máis pequenos participaron nos xogos infantís no xardín e, ás 18:00 horas, Brais das Hortas levou ata as Torres do Allo o seu espectáculo Consertasso na horta.
Ao longo do día tamén se puideron ver outras propostas, como a demostración de fabricación de pandeiros de O Triskel de Vicente ou o xogo de pistas, que completaron a programación desta edición.
O Mercado de San Ramón rematou coa visita teatralizada de Os Quinquilláns, poñendo o punto final a unha xornada na que as Torres do Allo volveron converterse nun punto de encontro arredor da artesanía e da música.
“É un orgullo para o Concello organizar este evento e comprobar a acollida que ten. Cada ano vemos como o mercado vai medrando e converténdose nunha cita máis asentada no calendario, polo que queremos agradecer especialmente a participación das artesás e artesáns e de todas as persoas que se achegaron ata as Torres do Allo”, conclúe Manuel Muíño.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson
- El restaurante a 40 minutos de Santiago con 'el mejor salpicón de marisco de Galicia': 'La receta lleva generaciones en la casa”