Telefónica traslada a central de Silleda e libera o patio para ampliar a Biblioteca Daniel Castelao
Os traballos xa comezaron e permitirán ao Concello gañar espazo na Casa da Xuventude para acometer a ampliación das instalacións bibliotecarias

Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao. / Cedida
Iker Cotón
Telefónica comeza os traballos de traslado e desmantelamento da central telefónica situada no patio da Casa da Xuventude, na rúa Trasdeza. Isto fará posible que o Concello poida empregar este espazo para ampliar a Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao.
Esta actuación chega tras as diversas xestións levadas a cabo polo Concello co obxectivo de liberar o inmoble, que ata agora condicionaba a ampliación das instalacións bibliotecarias ao ocupar boa parte do patio central da Casa da Xuventude.
Telefónica aceptou a petición do executivo municipal para completar a saída durante 2025, pero, debido a cuestións técnicas, a compañía viuse na obriga de ampliar o calendario previsto debido á complexidade técnica dos traballos e á reorganización dos equipos encargados da intervención.
O Goberno local aceptou como nova data estimada a entrega do espazo durante o mes de setembro de 2026, podendo anticiparse no caso de rematar os traballos antes do previsto. Telefónica asumiu ademais o aboamento da renda correspondente a todo este período anual de ocupación.
Plan Director dos edificios municipais
Os traballos de traslado xa comezaron e o Concello traballa xa nun plan de uso para os edificios culturais municipais. Este Plan Director permitirá definir os futuros usos dos diferentes inmobles de xeito conxunto e coordinado, co obxectivo de suplir as diferentes necesidades da cidadanía.
Este documento incluirá a ampliación da Biblioteca Daniel Castelao, ademais da Casa da Xuventude para novos usos. A rehabilitación do inmoble abordarase tamén na planificación municipal. O executivo municipal continúa co seguimento dos traballos de Telefónica e coa planificación necesaria para a transformación do edificio, unha vez a empresa de telecomunicacións faga entrega do inmoble.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson
- El restaurante a 40 minutos de Santiago con 'el mejor salpicón de marisco de Galicia': 'La receta lleva generaciones en la casa”