CINEMA
A vila de Mareas Vivas volve mirar ao audiovisual co Cineclube Portozás
O proxecto, impulsado por cinco mozos de Laxe, botará a andar en setembro con proxeccións de cineastas galegos e coloquios

Os cinco impulsores do proxecto Cineclube de Portozás. / Cedida
Unha ollada ao pasado para dar forma a unha aposta de futuro. Así naceu en Laxe o Cineclube Portozás, un proxecto impulsado por catro mozas e un mozo vinculados ao mundo do audiovisual e da cultura.
A idea xurdiu porque "en Laxe non temos cines, e os máis próximos están a corenta quilómetros, e os que vivimos na vila queremos ter máis oferta cultural e crear un espazo comunitario", explica Lara Castro, unha das promotoras da iniciativa.
O Cineclube Portozás botará a andar en setembro cun ciclo de proxeccións de filmes de cineastas galegos, que se complementarán con coloquios co fin de abrir espazos de conversa, debate e reflexión. Serán os venres, a partir das 20.00 horas, no auditorio municipal.
Obradoiros e actividades nos colexios
Ese será o punto de partida, pero o proxecto deseñado polas irmás Lara e Noa Castro, Uxía Bello, Illa Agrelo e Borja Añón, nace coa idea de manterse no tempo e ampliar a oferta do cineclube. Así, ademais das proxeccións, "máis adiante queremos organizar tamén obradoiros vinculados co cinema e actividades nos colexios, pois o obxectivo é crear un espazo de mediación, contidos e aprendizaxes", afirma Lara.
As proxeccións serán abertas ao público en xeral e totalmente de balde, aínda que haberá unha billeteira inversa para que quen desexe colaborar co proxecto poida realizar achegas voluntarias.
A iniciativa quere tamén reivindicar a Laxe como escenario que foi da popular serie Mareas Vivas, que rebautizou a vila como Portozás, nome que identifica tamén o cineclube. Aínda que non queren fixarse metas, "queremos que sexa un proxecto sostible no tempo e, en función da acollida que teña, tentaremos complementalo con novas iniciativas", conclúe Lara Castro.
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Cambio de tiempo en Galicia: un frente activo dejará lluvias generalizadas y un descenso de las temperaturas