Lista de agarda no comedor do CEIP Bergantiños, en Carballo
Pais e nais concentráronse este martes para reclamar a ampliación dun servizo con 150 prazas para 546 alumnos
A Valedora do Pobo admitiu a súa queixa

Pais, nais e alumnos na protesta celebrada este martes. / Cedida
Un nutrido grupo de pais e nais de alumnos do CEIP Bergantiños, de Carballo, participaron este martes nunha concentración de protesta ante o centro educativo para volver reclamar o incremento das prazas no comedor escolar para o curso 2026/2027. O acto foi convocado pola ANPA A Granxa.
As familias decidiron mobilizarse «ante a situación xerada pola denegación de prazas no comedor escolar para o vindeiro curso», explica Rocío Villar Díaz, a presidenta da ANPA, quen indica que actualmente ofértanse só 150 prazas para un centro que conta con 546 alumnos.
«Neste momento hai máis de corenta nenos e nenas en lista de agarda, e decenas de familias afecatdas porque nin sequera puideron presentar a solicitude, debido á aplicación estrita da norma de áreas de influencia», sinala.
Varias das familias afectadas teñen como centro de referencia por domicilio o CEIP A Cristina, «un centro que non dispón dos servizos de comedor nin Madruga, polo que carecen de unha alternativa real para poder conciliar».
A queixa dos pais e nais do CEIP Bergantiños xa foi admitida a trámite pola Valedora do Pobo.
Mentres , as familias reclaman un aumento urxente de prazas á Consellería de Educación e ao Concello de Carballo.
Resposta da Consellería de Educación
Pola súa banda, a Consellería sinala que "o comedor ten 150 prazas concedidas e xa é preciso organizalas en dúas quendas". Destaca ademais que "non recibimos solicitude de ampliación de prazas por parte do centro este verán".
Por outra banda, lembra que "o comedor escolar é un servizo complementario, ao que a Xunta contribúe cun investimento de máis de 67 M€ ao ano, entre a xestión directa e indirecta do servizo e as diferentes liñas de axudas a concellos, ANPAS, entidades de atención á diversidade e familias. Isto permite a prestación do servizo a máis de 78.000 alumnos".
"A maiores, e para o caso dos comedores que non son xestionados pola Xunta, ofrecemos un novo apoio de 150 € para as familias", engade a Consellería de Educación.
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Cambio de tiempo en Galicia: un frente activo dejará lluvias generalizadas y un descenso de las temperaturas