Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O interior e exterior de Quintana Martelo a través das súas mellores obras este venres a Teo

A mostra, titulada 'Inside/Outside', está organizada polo Concello e presenta unha selección da súa producción artística desde 2005

O pintor compostelano exporá a súa obra pictórica, escultórica e en papel no Auditorio Municipal da Ramallosa

O pintor compostelán Quintana Martelo, que expón en Teo

O pintor compostelán Quintana Martelo, que expón en Teo / Antonio Hernández

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ames

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo amosará no Auditorio Municipal da Ramallosa Constante Liste en Teo unha selección da súa obra feita desde o ano 2005, bautizada como Inside/Outside. Promovida polo Concello de Teo, a mostra será inaugurada este venres, 4 de setembro, ás 19 horas.

Interpretación do título

“A interpretación do título refírese ao contraste entre dous conceptos de traballo. Un, a mirada sobre o interior do estudio, os elementos que integran e dan uso no meu traballo, como os zapatos ou zapatillas, a roupa do taller, os materiais, as pinturas, os botes, os pratos que son paletas, pinceis... E a outra parte, a mirada exterior, os elementos alleos ao estudio, como un mariñeiro de Poio e o seu desenvolvemento ata a escultura; os contedores, que son pezas urbanas que como bodegóns contemporáneos poboan as nosas rúas; e todo son usos que se refiren ao exterior”, sinala Quintana Martelo

A configuración expositiva evoluciona entre pintura, escultura e papel; debuxos, acuarelas e técnicas mixtas. E os horarios para poder visitar esta mostra serán de luns a venres de 9.00 h a 14.00 horas e os martes e xoves de 17.30 h a 19.30 horas da tarde.

Presidencia

Quintana Martelo ostenta actualmente a presidencia da Real Academia Galega de Belas Artes, en onde, baixo o seu mandato, puxo en marcha o Día das Artes de Galicia, conseguindo levar a arte galega -por primeira vez- ao Museo do Prado de Madrid e ocupando un lugar indiscutible na historia da arte galega contemporánea.

A súa extensa traxectoria, sempre marcada pola investigación, a liberdade e o compromiso coa creación, levouno a desenvolver unha linguaxe propia, situada nese territorio de diálogo e tensión entre a figuración e a abstracción. Pero ademais de creador tamén é docente e impulsor de iniciativas culturais. Un profeta no seu campo que tamén contribuíu decisivamente na apertura de espazos para a nosa arte dentro e fóra do noso país. En maio do ano 2024 foi nomeado Fillo Adoptivo do Concello de Teo.

Tracking Pixel Contents