Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

“A aposta foi comigo, e os compañeiros apoiáronme; Leira nunca se posicionou”

Despois da renuncia do rexedor de Oroso, o socialista Manuel Mirás, a militancia daba o seu apoio por aclamación a Luis Rey, que vén de prometer cargo ante a Corporación para os vindeiros dous anos que aínda restan de mandato.

Cales foron as súas primeiras decisións como novo alcalde?

A primeira de todas foi seguir na mesma liña do que xa estabamos a facer, porque nunha pandemia como a da COVID hai que estar coa xente, por exemplo aumentando as horas do Servizo de Axuda no Fogar e seguir preto dos nosos veciños.

Chama a atención o total respaldo do PSOE orosán para que sucedese a Mirás... como o xustifica?

Aínda que entre a opinión pública existía un debate de quen podía suceder a Mirás, se podía ser eu ou Antonio Leira, a realidade é que a aposta foi comigo, e os compañeiros apoiaron sempre a miña candidatura, ao tempo que me animaban a postularme. E teño que dicir que Leira nunca se chegou a posicionar para converterse en alcalde, e por contra deume o seu apoio.

Que é o que máis lle preocupa na súa xestión como prioridad?

Temos moitos proxectos para pór en marcha, e entre eles destaca a nosa aposta polo rural con 900.000 euros para estender o abastecemento de agua, saneamentos e arranxo das estradas. Tamén acabamos de recibir o proxecto da piscina climatizada, que incluirá un ximnasio, e queremos incluir unha senda con carreiro para bicicletas ata a Vía Verde, outro dos grandes proxectos que porá en valor o antigo camiño de ferro de Santiago a Cerceda. E temos en mente desenvolver o polígono San Martiño II porque xa está a zona cuberta de empresas. Neste senso, debemos ter claro que falamos do futuro de Oroso, porque sumamos 2.500 empregados en setenta compañías e queremos apostar por un novo polígono. E isto é así porque moitos destes traballadores queren vivir aquí, e tamén moita xente que quere residir no noso rural para levar a cabo o seu proxecto de vida.

A pandemia está facendo dano á hostalería... como está a situación no seu Concello en concreto?

Pois como en todos os lados, a situación é complexa. Somos conscientes e queremos facer todo o que estea na nosa man para axudalos. Deste xeito, programamos eventos nas fins de semana e tamén queremos recuperar os concertos, porque atraen a xente ao pobo, unido a unha programación cultural.

Como vai a repartir as competencias no seu goberno municipal?

Ademais da alcaldía, asumo as competencias de Economía e Facenda, Urbanismo, Seguridade Cidadán, Tráfico e Protección Civil. Pola súa banda, o novo concelleiro, José Calvo Rey, ocuparase de Obras, Servizos e Medio Ambiente. Antonio Leira será concelleiro de Deportes, Promoción Económica, Emprego, Turismo, Parques Infantís e Comunicación; Vanesa Boo de Cultura, Comercio, Industria e Actividades Lúdicas, e Isabel Fernández de Mulleres, Ensino e Benestar Social. Do mesmo xeito, Beatriz Rodeiro terá as responsabilidades de Sanidade, Réxime Interior, Persoal, Patrimonio, Voluntariado, Xuventude e Mobilidade, e Javier Grela será concelleiro de Relacións Veciñais, Parroquias, Medio Rural e Xardíns.

Falouse moito do reforzo da Policía Local. Aumentarán o plantel?

Estamos pendentes aínda de cubrir a terceira praza de axente, pero non imos poder ter máis por sentencia. A realidade é que temos dous grandes colexios e malamente podemos cubrir agora a vixiancia das entradas e saídas, sen esquencer que os policías debían de poder ir sempre en parella para que así sexan quen de desenvolver o seu traballo do mellor xeito posible.

Teñen unha asociación, Obradoiro da Historia, que garante o seu legado. Seguirán colaborando?

Si, vaise seguir colaborando. Adquirín un compromiso na presentación do museo etnográfico, e queremos apoiar un centro estable destas características.

11 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.