Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
25-N. Mulleres de Seu, de CLUN, sumouse a campaña Camiño ao respecto // En Negreira plantouse unha oliveira e en Oroso lembrouse que non é cousa dun día // ‘0 amor non é a hostia’ foi o lema do obradoiro que tivo Corcubión TEXTO Avelino Arca

A comarca loita por ser espazo libre de violencias machistas

A comarca quere ser un espazo libre de violencias machistas e este xoves envorcouse con actos e manifestos para expresar o seu rexeitamento a esta lacra social.

En Rianxo, os alumnos do IES Félix Muriel deseñaron 38 siluetas que simbolizan ás mulleres asasinadas en España desde o 25-N de 2020. A carón de cada unha colocaron fichas cunhas breves biografías. E en Ribeira, centos de alumnos de diferentes centros educativos participaron na marcha que desembocou na praza consistorial, onde tivo lugar un recital poético de Nuria Vil.

En Boiro, membros de Ambar, Amicos, Cruz Vermella e centro de día, xunto con alumnado, leron poemas de Charlo Lopes e Lucía Aldao durante a concentración ante o consistorio. No marco do ciclo Muller e saúde, este venres terá lugar unha charla sobre habilidades de manexo de estrés, impartida pola psicóloga sanitaria Patricia Porrúa, ás 16.30 horas no centro social.

En Lousame, a alcaldesa Teresa Villaverde foi a encargada de ler o manifesto institucional, no que lembrou ás 37 mulleres asasinadas este ano. Un acto que a rapazada do CPI Cernadas de Castro aproveitou para repartir Igualdina, un suposto medicamento para acabar coa violencia machista.

O 25-N tamén se conmemorou noutros centros educativos da comarca de Muros-Noia. No CEIP Campanario de Baroña, en O Son, elaboraron un mural reivindicativo. Asemade, o Concello sonense repartiu calendarios pola igualdade entre a rapazada e a veciñanza.

Muros saiu á rúa para manifestarse, silenciosamente, e amosar o seu rechazo á violencia. Pola súa banda, a asociación Mulleres de Seu, integrada por socias da cooperativa CLUN, sumouse a campaña da Xunta Camiño ao respecto. Así, realizou andainas solidarias tanto en Ames como Melide.

No caso de Negreira, plantouse unha oliveira detrás do concello e adicouse unha placa ás mulleres víctimas da violencia. Tamén houbo charla no instituto sobre agresións. En Ames, leuse tamén o pasado xoves pola tarde un manifesto na praza do Concello e houbo actuacións da Escola Municipal de Música e da Plataforma Feminista local. Xa en Oroso, e ademais de concentración, a rapazada do instituto recordou que isto non é un día, é todo o ano; o alumnado do CEIP Sigüeiro fíxo reflexionar cos micromachismos, e o do CEIP Camiño Inglés recitó poemas de Lucia Aldao. E en Brión concentración diante da Casa do Concello.

En Corcubión, o alumnado do obradoiro de emprego dual Camiño do Solpor IV, que promoven os concellos de Dumbría, Cee e Corcubión, participaron nunha concentración baixo o lema O amor non é a hostia.

26 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.