Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Corporación carballesa acorda que 2023 sexa o Ano do Xestal

O PSOE apoiou a proposta do goberno do BNG para homenaxear ao humorista e músico, de cuxo pasamento se cumpren trinta anos, e PP e TeGa abstivéronse

O ano 2023 será o Ano do Xestal en Carballo, tal como acordou a Corporación municipal no pleno celebrado este martes. A proposta do grupo de goberno do BNG contou co respaldo do PSOE, mentres que o PP e TeGa abstivéronse. A intención do Concello de Carballo é conmemorar o 90º aniversario do nacemento e o 30º do pasamento de Carlos Díaz Gestal O Xestal recuperando e poñendo en valor a figura do gran humorista e músico, que foi unha auténtica referencia para varias xeracións de galegos e galegas, e que residiu no lugar do Seixo (Lema) durante máis de vinte anos, según lembraron.

A proposta aprobada inclúe, ademais da declaración de 2023 como Ano do Xestal, a realización das xestións precisas para o traslado dos seus restos mortais dende o cemiterio parroquial de San Martiño de Razo, onde foi soterrado nun nicho cedido provisionalmente, ao cemiterio municipal de Carballo; a creación dunha comisión organizadora dos actos conmemorativos do Ano do Xestal, presidida polo alcalde ou persoa en quen delegue e formada por persoal de distintas áreas municipais e representantes de entidades e/ou medios de comunicación aos que estivo ligado Carlos Díaz Gestal durante a súa estadía no concello, e o traslado deste acordo aos concellos nos que residiu ao longo da súa vida, así como á Xunta de Galicia e á Deputación Provincial da Coruña, para que se sumen, se así o consideran, á celebración do Ano do Xestal.

A Corporación municipal tamén aprobou dúas mocións presentadas polo PP. A primeira, apoiada polo BNG, implica demandar do Goberno de España a dotación inmediata de trens AVRIL para que a alta velocidade chegue ás cidades de Santiago, A Coruña, Pontevedra e Vigo, así como a modernización das infraestruturas ferroviarias para que Ferrol e Lugo poidan conectarse tamén á alta velocidade.

Na segunda moción, á que se sumaron o BNG e TeGa,
o pleno insta ao Goberno central a transferir o antes po-
sible á Xunta de Galicia a xestión de todas as competen-cias en materia de dominio público marítimo-terrestre.

A sesión, que durou unha hora, completouse con rogos e preguntas de TeGa e PSOE. O primeiro grupo interesouse polo rego das zonas verdes, o servizo de salvamento e socorrismo, a Policía Local e o festival Rexenera Fest, e os socialistas preguntaron pola árbore que foi cortada no adro da capela da Milagrosa por decisión da Igrexa.

29 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.