Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Nova Galega de Danza achegará a Bertamiráns ‘Leira’, o seu novo espectáculo, a principios do mes de agosto// A actuación estará acompañada da voz en directo da cantante galega Rosa Cedrón, ex vocalista do grupo Luar na Lubre TEXTO Pedro Brea

A dura beleza da agricultura

O concello de Ames segue abogando por achegar a cultura ás rúas dos seus municipios, é por iso polo que enmarcado no plan de actuacións deste verán a compañía Nova Galega de Danza mostrará a súa nova representación no parque do Ameiral, a cal pretende amosar ao pública a beleza maila dureza dos labores que se realizan no campo. A actuación levarase a cabo o venres 6 de agosto ás 22.00 horas.

O evento foi presentado o martes por Natividade González, concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación. Esta, a maiores, estivo acompañada por María Mariño, distribuidora da compañía e de Jaime Pablo Díaz, Director Artístico e Director de Nova Galega de Danza. Tamén acudiron ao acto Sergio Moure, compositor, e Rosa Cedrón, a encargada de poñer a música en directo do espectáculo.

Cabe destacar que na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia a representación foi galardoada co premio do público debido á súa calidade e á gran mestura que fai o traballo coreográfico mailos bailaríns xunto coa aposta pola música en directo que interpreta Rosa Cedrón.

danza en ames. Natividade González, concelleira de Cultura , asegurou que: “É un pracer programar un espectáculo de danza deste nivel, xa que contamos cunha das mellores compañías do país, e por outra parte acompañada dunha das voces máis recoñecidas a nivel internacional. Leira vai ser un dos espectáculos estrela deste verán, ademais de achegar a danza a todo o tipo de público, xa que o enclave é un lugar que une a moita xente de distintas idades”. Ademais, engadiu que: “Dende Ames levamos tempo intentado apostar pola danza que cremos que é unha disciplina que antes non estaba representada, por iso intentamos que forme parte de toda a nosa programación dende que chegamos a alcaldía fai 3 anos”.

Por outra banda, Jaime Díaz quixo agradecer ao Concello que “apostades pola cultura e, sobre todo, pola danza e, neste caso por Nova Galega Danza. Estamos moi contentos de poder presentar o noso último traballo, Leira, en Bertamiráns, onde estamos por primeira vez. Un traballo que nos está dando tantas alegrías. O parque de Ameneiral é un lugar marabilloso e representar aquí o espectáculo vai a ser moi diferente”. Ademais, Sergio Moure, compositor de dito traballo, asegurou o seguinte: “Leira estanos a dar moitas alegrías. Este é o segundo espectáculo no que traballo con Nova Galega Danza e é unha marabilla traballar con xente tan boa e tan profesional. A xente vai poder desfrutar moito do espectáculo”.

espectáculo. A compañía Nova Galega de Danza xa representou esta función no ano 2020 pero por mór da pandemia da COVID non o puido continuar a facer. Deste xeito voltan aos escenarios para volver a representar, Leira, unha mostra na que o corpo maila terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música no que se pretende transportar ao público á dura beleza das labores que se realizan no campo, no que a muller cobra un sentido protagónico exposta día e noite ás inclemencias atmosféricas ao fin de realizar o seu traballo . Ademais, nesta ocasión a música que acompaña á representación é en directo. Rosa Cedrón, ex-vocalista do grupo Luar na Lubre será a encargada de pór banda sonora aos bailaríns de Nova Galega de Danza. Nas propias verbas da cantante galega respecto a a volta ós escenarios en Bertamiráns: “Vendo este marco incomparable, vai a ser unha auténtica gozada subirse ao escenario aquí. Creo que vai ser das primeiras veces que Leira está tan integrada dentro dun contexto e dentro da natureza, que é unha parte moi importante. Para min, este proxecto está a ser unha auténtica gozada xa que é o primeiro contacto que eu teño coa danza na miña carreira”.

A actuación ten un aforo limitado de ata 400 persoas, xa que ao realizarse ao aire libre a capacidade pode ser maior. Para poder acudir como público o concello habilitou na billeiteira electrónica un apartado destinado a adquirir os convites para poder asistir a desfrutar da interpretación. Esta actividade é de balde e ten unha duración estimada dunha hora, polo que a danza desta compañía enmárcarase nun contexto idóneo de natureza e solpor no parque do Ameiral, en Bertamiráns.

15 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.