Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Estrada aclimata a praia fluvial, que abre o 1 de xullo

López Campos supervisou as obras de acondicionamiento que está a realizar o alumnado do obradoiro de emprego local

O alcalde da Estrada, José López Campos, avanzou este martes que “a praia fluvial estará plenamente operativa o 1 de xullo”, despois de comprobar os avances nos traballos de mellora e acondicionamento que está a levar a cabo no espazo fluvial de Liñares o alumnado dos módulos de xardinería e carpintaría do obradoiro de emprego.

Durante a súa visita, o alcalde estivo acompañado polo director do obradoiro, Luis Miguel Galván; o concelleiro de Facenda, Alberto Blanco, e o titor do módulo de xardinería e forestal, Jose Manuel Picallo. Galván, destacou que están cumprindo “con todos os prazos establecidos e mais co orzamento”. Concretamente, sinalou, entre as actuacións rematadas, a poda de 150 árbores “durante case dous meses, xa que parte realizouse de xeito manual”; a limpeza do terreo; a replantación dun cento de árbores; a colocación dos bordos, e a construción de dez hamacas, unha pérgola para as persoas con mobilidade reducida e o/a socorrista; unha ducia de bancos de madeira e seis mesas de madeira, dúas delas pensadas para persoas con mobilidade reducida.

O módulo de carpintaría continuará coa construción dun camiño de zahorra cuberta con resina escura para reducir o impacto medioambiental, coa finalidade de que as persoas con mobilidade reducida poidan chegar ata a zona de baño. Ademáis, forrará as mesas con madeira e elaborará carteis indicativos. Pola súa banda, o módulo de xardinería ten pendente a instalación do sistema de regadío e a plantación de flores de tempada e arbustivas.

O alcalde avanzou que unha vez que finalice o obradoiro, en agosto, quedará pendente para excutar no 2023 “outro proxecto: a construción dun edificio singular en madeira con cafetería, vestiarios e baños, que lle aporten un valor engadido”.

27 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.