Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
A vila pontevedresa énchese hoxe e mañá sábado de rock galego no primeiro festival pospandemia con público de pé // Actuarán os grupos Bala, Agoraphobia, Terbutalina, Señora DJ, Novedades Carminha e Heredeiros da Crus TEXTO Sol Elvira

A Estrada espera colgar o cartel de ‘cheo’ con O Son dos Arrieiros

A Estrada prevé colgar este venres e mañá sábado o cartel de “cheo” coa gran asistencia de visitantes á vila que se espera con motivo da celebración do festival O Son dos Arrieiros, unha importante cita coa música e a cultura do país. Serán dous días de actividades e concertos, os primeiros pospandemia con público de pé, que agardan ser todo un éxito para a reactivación económica da vila.

O Son dos Arrieiros celebra a súa primeira edición cun cartel de grupos de rock 100 % galego formado por artistas de gran nivel como Bala, Agoraphobia, Terbutalina, Señora DJ, Novedades Carminha, que presenta o seu último concerto en Galicia do ano, e Heredeiros da Crus, que ofrecerá o seu único concerto en formato eléctrico do 2021.

Paralelamente, o Concello da Estrada, en colaboración coa Xunta de Galicia, presentou unha programación complementaria que conta coa presenza de teatro por parte do grupo de animación Troula, arte urbana co artista Asten do colectivo estradense Ocionautas e música con artistas como Los Rastreadores, Plan Siberia e Igloo. Todos eles actuarán o sábado, na Carballeira da Feira, dentro do programa que leva por nome o Camiño dos Arrieiros, e que busca, entre outros obxectivos, fomentar o paso do Camiño da Geira e dos Arrieiros por A Estrada.

O Camiño dos Arrieiros, nome co que nace a proposta, colabora tamén coa hostalaría da vila coa intención de enriquecer a experiencia dos asistentes prolongando a súa estadía e fortalecendo a actividade económica da mesma.

En canto ó festival, celebrase no recinto ubicado no pavillón 5 da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, conta con roupeiro e servizo de barra e restauración. Ademais, foi acondicionado acusticamente para convertilo nun gran salón de concertos no que o público, por primeira vez despois da pandemia, poderá gozar dunha experiencia única sen cadeiras. Poderá acoller cada día a 750 persoas.

CONCERTOS. O programa de concertos ábrese hoxe, a partir das 20.00 horas. Tras la apertura das portas, ás 20.30 actuará Señora e sobre as 21.45 horas tócalle o turno a Terbutalina. A Sepora DJ voltará ó escenario ás 22.50, e ás 23.30 actuará Novedades Carminha.

Xa o sábado 30, o recinto abrirá as súas portas ás 19.00 horas, e 30 minutos despois saltará Señora DJ., que actuará tamén ás 21.30. O grupo Bala saltará ao escenario ás 20.30, e ás 22.00 fará o propio Agoraphobia. O broche ao festival O Son dos Arrieiros poñerao Heredeiros da Crus.

Lembrar que o sábado 30 o Concello da Estrada, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa participación da Asociación de Hostaleiros da Estrada e o Lagar Peroja, levará a cabo unha sesión vermú na carballeira da Feira, entre as 13.00 e as 18.00 h, que contará coas actuacións de Los Rastreadores, Troula Animación, Plan Siberia e Igloo. Cinco horas de música aderezada con empanada, bolos preñados, sidra e taberna estradense. A asistencia será completamente gratuíta até completar a cabida da carpa habilitada.

TRANSPORTE. Atendendo a boa acollida do festival, a organización puxo a disposición do público un servizo de autobús que conecta Santiago de Compostela coa Estrada por un prezo de 7 € ida e volta. Ademais, grazas á boa evolución da pandemia, preséntase como o primeiro festival de mediano formato en interior que se celebra con público de pé desde marzo do 2020 en Galicia.

29 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.