Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Estrada terá un heliporto xunto ao centro de saúde

O alcalde da Estrada, José López Campos, anunciou este martes que o goberno local ten previsto dotar ao centro de saúde estradense dun heliporto “para facilitar a aterraxe e o despegue do helicóptero do 061 nun lugar estable, evitando perder tempo na procura dun terreo cando se desprace á Estrada por algunha emerxencia”.

As actuacións, proxectadas en 26.600 euros e pendentes da súa licitación, consistirán na construción dunha plataforma na parcela de titularidade municipal situada ao carón do centro de saúde, na zona da Baiuca, e mais a creación dunha pasarela que comunique a plataforma coa entrada de Urxencias.

O rexedor local destacou que este proxecto, que atende ás demandas do persoal sanitario do centro de saúde da Estrada e mais ás do propio 061, “amosa unha vez máis a aposta do goberno local por mellorar o acceso ás emerxencias de toda a nosa veciñanza”, dixo.

Ademais, López precisou que os técnicos municipais levan meses traballando nesta proposta pero o procedemento estivo paralizado á espera de obter os permisos necesarios do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana pola súa proximidade á estrada N-640.

O alcalde lembrou que “o compromiso do goberno local coa mellora dos servizos sanitarios” verase reflectido, tamén, coa substitución da actual ambulancia municipal do Servizo de Emerxencias da Estrada por outra nova, unha iniciativa para a que se adicarán 75.000 euros “co obxectivo de seguir mantendo un servizo básico e fundamental para a veciñanza, complementario ao do 061, e que realiza preto de 1.300 intervencións ao ano”, precisou o rexedor estradense.

27 sep 2022 / 19:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.