Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Trazo, Tordoia, Frades e Melide ofrecen acceso gratuíto as súas instalacións municipais // Boqueixón conta con prezos reducidos para empadroados e con posibilidade de bonos, ao igual que Vedra e O Pino // Touro tena en activo ata setembro // Acometéronse melloras en varias delas TEXTO Alba Prada

A falta de praia, benvida a piscina

Os concellos do Barbanza ou da Costa da Morte presumen de contar con praias que fan as delicias da veciñanza e dos turistas, que non dubidan en achegarse ata elas para probar as súas augas que, aínda que un pouco frías, sempre son benvidas para refrescar cando a calor apreta. A pesar de que os municipios da contorna de Santiago teñen o mar preto, non sempre as familias teñen facilidades ou o tempo para desprazarse, e é aí onde as piscinas cobran todo o protagonismo e son a opción favorita. E iso, sen contar que non a todo o mundo lle agrada a area.

Este verán un dos municipios que máis investiu en mellorar as súas instalacións foi Frades. A piscina abría a finais do pasado mes e facíao despois dunha reforma integral, que incluíu a impermeabilización do vaso, a mellora do sistema de depuración e canalización, a dotación dun acceso para persoas maiores ou de mobilidade reducida e o repintado de todas as instalacións, entre outras. Uns traballos que supuxeron un investimento de 98.041,29 euros.

A piscina municipal, emprazada na parroquia de Papucín, está aberta ao público en horario de 15.30 a 21.00 horas (de luns a venres) e de 14.30 a 21.00 horas (sábados e domingos). A entrada é totalmente de balde, tendo preferencia as persoas empadroadas na vila.

No caso de Boqueixón, a entrada as piscinas foi gratuíta ata o 1 de xullo, pero agora deberase aboar un importe. Non obstante, existen distintas opcións para facer máis económica a entrada. O prezo para un día é de 3,71 euros, mentres que os bonos de 20 entradas custarán 6,17 euros (para nenos e nenas ata 16 anos) e 12,34 € para persoas adultas. Así mesmo, haberá distintas opcións de bono familiar, con dereito a 20 entradas a distintos prezos: bono pai e nai (15,43 euros), cota primeiro fillo (6,17 euros) e cota segundo fillo (3,09 euros). A partir do segundo non haberá que aboar cota de ningún tipo.

Tamén Melide conta con este servizo, enmarcado na área recreativa do río Furelos, entorno no que ao longo do ano se realizan tarefas de mantemento para a súa óptima conservación. Veciños e visitantes tamén poderán bañarse no Río Furelos grazas a calidade suficiente das súas augas, segundo o informe emitido por Augas de Galicia. O acceso é de balde e o horario establecido é de 12.00 a 20.00 horas.

O Concello de Trazo tamén brinda a posibilidade de desfrutar de balde das súas instalacións. O recinto está aberto de 12.00 a 21.00 horas. O veciño municipio de Tordoia mantén abertas tamén as súas piscinas de balde. Unha medida coa que, en verbas do rexedor, Antonio Pereiro, “buscan axudar ás familias nuns momentos tan difíciles”. O horario é de 13.00 a 21.00 e o Concello investiu 39.000 € para renovala.

Vedra conta asemade con estas instalacións públicas. Están dispoñibles de luns a domingo en horario de 16.00 a 21.00 horas. Os menores de 6 anos empadoadros na vila teñen acceso gratuíto. Pola súa parte, Touro manten abertas as súas ata o 31 de xullo en horario de 15.00 a 20.30. Tamén O Pino as ten en activo de 12.00 a 20.00 e hai bonos para que sexa máis económica.

02 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.