Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Feira do Moble tamén aposta polo aforro enerxético

O certame pecha este domingo as súas portas esperando cumprir os obxectivos previstos

A Feira do Moble de Galicia encara a súa recta final tras tres xornadas nas que a cita feiral recibiu xa a visita de público chegado dende distintas zonas de Galicia. Entre as prestacións que ofrece o certame destacan as prestacións ligadas ao aforro enerxético, que está moi demandado nestes tempos.

Así, xunto aos visitantes estradenses, ao recinto feiral están a chegar espectadores de numerosas localidades como as veciñas Cuntis, Silleda ou Lalín pero tamén doutros municipios repartidos por toda a comunidade como é o caso de A Coruña, Ames, Arteixo ou Cangas, entre outros.

Xunto ao mobiliario e o equipamento para o fogar, están a despertar o interese do público outras propostas entre as que destacan os sistemas intelixentes, automatismos ou as prestacións de aforro enerxético, por exemplo. Xunto a elas, sobresaen outros ámbitos como son a decoración, os electrodomésticos, a bricolaxe e as solucións en calefacción e climatización, entre outras.

Indicar que este sábado a feira recibiu a visita do director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, que percorreu os distintos pavillóns do certame e falou con algúns dos expositores.

AGASALLOS. Por outra banda, o certame entregou xa os agasallos dos primeiros premiados cun vale de lavado e limpeza de vehículo. Foron Dolores Constenla, Sonia Pérez, Concepción Maceira e Manuel Rodríguez. Así mesmo, Mercedes Touriño, Rita Peteiro, Paz Vázquez e José Martínez resultaron gañadores dun vale de combustible mentres Guadalupe Ríos, Jacobo Budiño e Verónica Barros desfrutarán dunha cea.

Na súa terceira xornada, os visitantes aplaudiron tamén a actuación do mago Popín Palomero, que ofreceu un espectáculo cofinanciado pola Deputación Provincial de Pontevedra. O programa cultural continuará este domingo coa actuación, prevista para as 18.00 horas, do mago ilusionista Marco.

No seu último día de celebración,nesta xornada dominical, a Feira do Moble abre novamente as súas portas ás 11.00 e poderá visitarse ata as 20.00 horas.

Como actividade paralela contará tamén con parque infantil e cun novo sorteo de agasallos entre os visitantes de dúas estancias no balneario Termas de Cuntis.

18 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.