Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
A feira de artesanía e a Mexilloada popular darán ás doce da mañá o pistoletazo de saída á xornada deste sábado // Hai unha gran zona infantil con xogos tradicionais // Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre van amenizar a sesión vermú TEXTO M. Boo

A Festa da Carballeira de Zas celebra o seu día máis grande

A Carballeira de Zas arrincou. Un dos decanos da música folk nacional e internacional ten ó humorista zaense Roi da Costa como presentador. Na primeira xornada escoitouse a música de A Banda da Loba, Heredeiros da Crus e Mileth, e continúa este sábado dende as 12 do día coa Feira de artesanía e a xa tradicional Mexilloada Popular. A música virá a cargo de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Os Farrapos, a Foliada, Arredores, Deira, Xisco Feijoó, Rura e finalmente pechará Sondarúa.

A Festa da Carballeira, dende comezos do ano 2020 foi declarada Festa de Interese Turístico Galego, denominación honorífica outorgada polo Consello da Xunta de Galicia, a festexos ou acontecementos con alto interese turístico.

Como cada ano, na Carballeira atoparase moito máis ca música. Unha ampla oferta gastronómica, mexilloada de balde para todos os asistentes, unha gran zona infantil con xogos tradicionais, e a sesión vermú, este ano amenizada por Xabier Díaz, e Aduferias de Salitre, farán da tarde so sábado o momento perfecto para pequenos e grandes.

ARTESANÍA. Unha das alternativas máis interesantes é a feria de artesanía, que está experimentando un crecemento récord nestes últimos anos, pero sobre todo nesta 37 edición na que o número de postos incrementouse en case un 45 % con respecto á última edición e en máis dun 300 % con respecto a edición celebrada no ano 2015.

Dentro dos postos que estarán presentes durante a xornada deste sábado haberá oferta para todos os gustos: desde representantes de artesáns da moda máis tradicional, con prendas de ganchillo ou inspiradas no traxe tradicional galego a productos feitos con epoxi e area de praias galegas, cosmética artesán e natural, pasando por alquimias naturais, remedios e cosmética vibracional, bisutería e coiro, así como os postos máis tradicionais vinculados con artigos de palla, e música tradicional, tales como son o Obradoiro Musical JR, artesáns de instrumentos como gaitas, que son sen dúbida as grandes protagonistas da Carballeira.

CARBALLEIRA SOLIDARIA. Un ano máis, desde a organización da carballeira vaise facer unha doazón de un euro da venta de cada bono para a Asociación Aspaber, Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños. Un xesto co que a Carballeira apoia e recoñece o labor desenvolto por esta Asociación, e tamén se lle quere dar visibilidade a mesma. Aspaber leva ofrecendo servizos de axuda na zona de Bergantiños dende o ano 1976 tendo como misión principal contribuir a que as persoas con discapacidade intelectual e tamén as súas familias dispoñan dos apoios necesarios para poder desenvolver o seu proxecto de vida, e lograr a súa inclusión como cidadáns.

Ademáis, como cada ano, dende a organización promóvese a conciencia de coidar os entornos naturais, como no que se celebra a festa, por este motivo vólvense empregar os vasos de plástico reutilizable, iniciativa que baixa de xeito drástico o consumo de plástico.

Un ano máis, a Carballeira celébrase grazas ó apoio de patrocinadores como a Xunta, Xacobeo, Estrella Galicia, Deputación, Concello de Zas, GADIS e vermú Lodeiros.

13 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.