Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Festa da Sidra xuntará a 21 lagares de cinco países

Volta á Praza do Concello o 4 de xuño con dobre degustación // Conta coas actuacións musicais de A Roda e La Quinkillada

O alcalde da Estrada, José López, celebrou este xoves no Novo Mercado a “volta á normalidade” da IX edición da Feira da Sidra, que terá lugar na Praza do Concello o 4 de xuño tras dous anos de parón pola pandemia e contará coa participación de 21 lagares de España, Francia, Inglaterra, Portugal e Alemania.

O rexedor estivo acompañado do xerente do GDR Pontevedra Norte, Ramiro Ruibal, e de representantes das sidrarías estradenses. López destacou a importancia da festa “en cada unha das 51 parroquias” grazas á tradición sidreira do municipio, e expresou o seu desexo de que “A Estrada se convirta nun referente no mundo da sidra” dentro e fóra de Galicia.

A celebración comezará ás 12.00 horas coa tradicional degustación popular na Praza do Concello. Participarán as marcas estradenses Ribela, Peroja, Camino e L.P. Estarán acompañadas das galegas Cfea Guísamo, Andina PS, Val de Traba, Maeloc; das nacionais Guerrilla Importes, Sidra Kuartago, Cabueñes, Solleiro, Carral, Somarroza, Astarbe e Bereziartua; e das internacionais Sidrada (Portugal), L’Maitre (Francia), Manoir du Kinkiz (Francia), Burrow Hill (Inglaterra) e Kelterei Heil (Alemaña). Durante a degustación haberá unha actuación musical do grupo A Roda. Xa pola tarde, ás 19.00 horas, reanudarase a cata das diferentes sidrarías ata esgotar as existencias e entregarase o Grolo de Ouro a unha persoa representativa do sector.

Durante a degustación actuará o grupo La Quinkillada. Ao igual que en anos anteriores, para participar na degustación da sidra os asistentes deberán mercar un vaso conmemorativo desta IX edición e poderán enchelo tantas veces como queiran.

20 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.