Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Festa do Galo Piñeiro e
a Mostra Cabalar volven ao Pino cheas de actividades

O programa contempla unha feira de artesanía, xogos para os nenos, xantar popular, obradoiros e concertos

O municipio do Pino recupera esta fin de semana a celebración da Festa do Galo Piñeiro e a Mostra Cabalar, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, cun amplo e variado programa para todos os públicos. Ademais dos tradicionais certames de galo piñeiro e de cabalos, recolle unha feira de artesanía, exhibicións, obradoiros, degustación de galo, xantar popular, actividades para a cativada e moita música.

Bombas de palenque anunciarán o comezo da celebración este sábado, día que pechará cunha gran festa musical. Ás oito actuará Dr. Queen nun concerto de tributo á banda de Freddie Mercury na praza consistorial e, ás once, na Praza de Forcarei, o Bruxo Queiman ofrecerá o espectáculo Terras de Queimada, con música en directo, o tradicional conxuro, lume e moita fantasía.

Xa o domingo, tras as bombas abriranse a Mostra Cabalar (09.00 horas) e a XXI Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira (10.00 horas).

As rúas animaranse a partir das once da mañá coa actuación da charanga NBA e a apertura da Feira de Postos de Artesanía de Galicia na Praza de Forcarei. Durante toda a xornada sucederanse exhibicións de forxa, tear, cantería ou arte de bolillos, así como obradoiros de colgantes de madeira e de pasta de papel. Haberá asemade actividades e xogos para as crianzas, que poderán gozar de inchables e obradoiros de pintacaras ou de globoflexia.

Chegará logo a celebración gastronómica coa degustación gratuíta de galo piñeiro (ás 13.00 horas) e un xantar popular (ás 15.00 horas). Por certo que os tiques para esta comida aínda se poden adquirir o propio día da festa no stand do Concello, sempre, iso si, que non se acaben antes. Non faltará a sesión vermú, que estará amenizada pola cantante de Luar Ruth Cundins, nin o pregón, que este ano correrá a cargo do delegado da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor.

Xa pola tarde, ás 19.00 horas, os amantes dos cabalos poderán desfrutar do espectáculo Duende ecuestre, que sorprenderá aos asistentes con exercicios de doma, baile ou toureo a cabalo. A XXI Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira do Pino repartirá premios aos tres mellores galos, ás tres mellores galiñas, ós dous mellores galos de curral e ao mellor animal da exposición.

06 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.