Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Laracha incrementa a oferta de ocio infantil con dous novos parques

O Concello está a construílos no Igrexario de Erboedo e no campo da festa de Soandres // As novas instalacións abrirán nos vindeiros días tras o equipamento

O Concello de A Laracha incrementa a súa oferta de ocio infantil ca construción de dous parques. En concreto, as novas instalacións estanse a crear no Igrexario de Erboedo e no campo da festa de parroquia de Soandres.

Os novos equipamentos, que se prevé estean listos para abrir ao público nos próximos días, son ambos de similares características. Contan con tres unidades de xogos (columpios, balancín e tobogán), cun pavimento de caucho que reforza a seguridade dos usuarios ao mitigar a intensidade de posibles impactos no chan por caídas e cun valado de madeira que forma o peche perimetral.

O alcalde, José Manuel López Varela, o concelleiro de Obras, Jesús Souto, e a responsable de Educación e Xuventude, Patricia Bello, achegáronse ata ambos parques infantís para coñecer o resultado das actuacións que están a piques de rematar.

INVESTIMENTO. Nestas novas áreas de ocio infantil, o Concello de A Laracha inviste preto de 30.000 euros procedentes integramente de fondos municipais na creación destes dous parques infantís nas parroquias de Erboedo e Soandres.

O propósito, según indican, é que toda a cidadanía, tanto residentes nas zonas urbanas como en núcleos rurais, poidan dispoñer de espazos de esparexemento modernos e seguros para os máis pequenos nos que desfrutar dos xogos ao aire libre, fomentar a convivencia e potenciar as actividades saudables.

obxectivos
aposta pola renovación

··· Modernización. Dende o Concello de A Laracha, o goberno local afirma que se está a realizar unha aposta decidida e firme “pola modernización, renovación e ampliación dos parques infantís existentes no municipio” e para que esta oferta de ocio chegue a toda a poboación.

··· Actuacións recentes. Outra das apostas que destacan é a creación de novos equipamentos. Nese sentido, lembran que recentemente abriuse ao púbico o segundo parque infantil da Praza O Recreo da Laracha e que previamente habilitarase un novo en Lemaio e melloraranse os que están situados no parque Maximino Canedo, nos tres colexios e no campo da feira de Paiosaco.

··· Hábitos saudables. Pola súa banda, o rexedor larachés, José Manuel López, insistiu en que a política do seu goberno pasa por fomentar a convivencia e por potenciar os hábitos saudables entre os veciños e veciñas, apoiando o ocio ao aire libre tanto para os máis pequenos como para o resto da poboación do seu municipio.

19 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.