Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
A xunta de goberno de Ames tamén aprobou subvencións para libros e material escolar, consolidación de empresas e inserción // As actuacións en interiores de Ortoñiño e As Cortes van sumar máis de 150.000 euros TEXTO Javier Salutregui

A licitación en obras e servizos 4,5 millóns nestes dous meses

O Concello de Ames aprobou en novembro un total de 6 licenzas de obras e 5 parcelacións de terreo. Respecto das subvencións, sacáronse adiante axudas para a adqusición de libros e material escolar destinadas a nenos de 2º grado de Educación Infantil por 1.488 euros e axudas dentro do marxe do plan Impulsa Ames para a creación e consolidación de empresas, coas que se busca manter o emprego e o tecido empresarial industrial amesá. Ademáis, concedeu 44.000 euros á realización de actividades da ANPA, e 4.500 € para a contratación e a inserción de persoas do obradoiro ForestAmes-Brión. Pero destacan, en obras e servizos, os 4,5 millóns suxeitos a licitación nestes dous meses.

Así, as actuacións máis cuantiosas atópanse nese apartado millonario das contratacións. No mes de novembro destináronse 226.802,23 euros a obras de Senda en Lapido, Ortoño, que forman parte do plan Ames Progresa; 55.269,09 euros para a construcción dunha canalización de augas pluviais en Cantalarrana, ata o límite da localidade con Brión; e 107.827,83 euros para mellorar a accesibilidade do recorrido da rúa do Rego ata a Travesía do Porto.

Xa no presente mes de decembro, anunciouse a contratación dun servizo de limpeza integral nas instalacións municipais e nos centros educativos de Ames estimado en 3.641.309 euros. Estes cartos vanse dividir en tres lotes: un para os centros de Educación Infantil e Primaria e as escolas unitarias cun importe estimado de 1.042.050 euros; un segundo lote para as escolas infantís, valorado en 298.205 euros, e un terceiro de 617.959 euros para instalacións municipais. En total, estas licitacións –sempre en obras e servizos, sen incluír contratos menores–ascenden a catro millóns de euros.

Pero hai máis, porque a administración amesá incluíu 152.729,07 euros en obras de interiores nas aldeas de Ortoñiño e As Cortes; 81.771,99 euros en reformar os vestiarios do campode fútbol de Bertamiráns; 68.164,47 euros en actuacións de saneamento e abastecemento en Buceleiras e Guimaráns, e 50.000 euros na instalación, conexión, matemento e posterior desmontaxe das luces de Nada, o que supón, 350.460,53 euros máis. Do mesmo xeito, a clasificación de propostas para o festival internacional de cine infantil Cinema Miudo estimouse en 32.912 €; en 45.000 € a redacción do proxecto do multifuncional en Milladoiro para ocio, cultura e promoción económica, sen esquencer outros 111.269 euros previstos para difundir o Plan Edusi Impulsa Ames.

PENDENTES. Aparte, entre as licitacións do pleno amesán, atópanse dúas de elevado importe en “evaluación”. Unha é a do servizo de monitores para os programas municipais de conciliación laboral e familiar, anunciada o 8 de setembro. Ten un importe de 3.098.144 € , e divídese en tres lotes: un servizo de persoal na rede de comedores escolares de Ames, valorado en 2.140.153,92 euros; un segundo lote consistente nun servizo de monitores para o programa Bos Días Cole que, de aprobarse, custará 401.615,28 euros; e un último valorado en e 556.375,26 para o programa Tardes Divertidas.

E aínda que tamén empezouse a tramitar a finais de verano, hai que citar outro contrato que está en avaliación: o do servizo de limpeza viaria e xestión de punto limpo, que foi anunciado o 7 de xullo do presente ano 2021 por nove millóns de euros para ofrecer servizos de saneamento e limpeza, servizos relacionados cos desperdicios ou residuos e de limpeza de rúas e pintadas. Pero o proceso foi recorrido, e lanzouse a contratación doutro por 7.816.787 €.

20 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.