Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A mellora do saneamento de Cee vaise adxudicar nos vindeiros días

A Xunta encargarase da execución e tamén de financiar as obras, valoradas en 8,1 millóns

Cee. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade confirmou que prevé adxudicar “nos vindeiros días” o contrato de mellora do saneamento de Cee-Corcubión, licitado por 8,1 millóns de euros.

Existe xa proposta de adxudicación á empresa Espina Obras Hidráulicas SA, e complementarase cun contrato de seguridade e saúde e outro de dirección de obra, que se adxudicarán proximamente. A actuación será executada e financiada integramente pola Xunta de Galicia.

“Trátase dunha mostra clara de apoio aos concellos nas súas responsabilidade de xestión da auga e exemplo da preocupación do Goberno galego pola calidade das augas”, sinalan dende a consellería.

Unha actuación que se complementará coa renovación da depuradora e do emisario submarino. A Xunta xa está a traballar na redacción do proxecto da nova planta, un traballo que supón un investimento de 262.787 euros. Respecto ao orzamento neste caso aseguran que aínda non está pechado, pero estiman que “estará entre os 5 e os 7 millóns de euros”.

Para a súa execución será preciso que o Concello de Cee poña a disposición da Xunta os terreos nos que se ubicará a nova estación depuradora.

Coas novas infraestruturas solucionaranse os problemas de vertidos aos ríos, que son os causantes de que na praia urbana da Concha esté prohibido o baño, e tamén de que os bancos marisqueiros da ría de Corcubión estén cualificados como zona C, o que impide que o marisco poida ser vendido directamente. M. L.

14 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.