Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
A súa filla aportou a visión naturista en Ribeira// Ofreceu unha charla, plantou unha árbore no Parque da Comunicación e tamén presentou un libro TEXTO M. Torres

no Día da Terra

A bióloga Odile Rodríguez de la Fuente, filla do naturalista e referente en España, Félix Rodríguez, foi a gran protagonista da programación que deseñou o Concello de Ribeira para conmemorar o Día Mundial da Terra, que se celebrou onte. A xornada arrancou na capital do Barbanza cunha exitosa charla-coloquio da divulgadora ambiental no centro educativo de Frións, na que tivo a oportunidade de trabar contacto coa comunidade escolar do municipio ribeirense.

Acto seguido, a invitada desprazouse ata o miradoiro de Pedra da Ra, onde puido contemplar o parque natural de Corrubedo e a ría de Arousa, estando acompañada, entre outros, polo alcalde Manuel Ruiz; e a continuación zarpou dende o porto de Aguiño (aínda tivo tempo de ver tamén o interior da lonxa da localidade) cara á illa de Sálvora.

Nesta xoia do Parque Nacional das Illas Atlánticas a bióloga coñeceu distintos enclaves como o pazo de Sálvora, a fonte da Telleira ou a aldea. Exerceu de guía pola illa o director do parque, José Antonio Fernández Bouzas.

Xa pola tarde, no Concello de Boiro, a bióloga plantou e amadriñou unha árbore en memoria de seu pai no Parque da Comunicación de Galicia, nun acto organizado polo Club Exxpopress de Periodistas de Galicia, no que participaron os concelleiros boirenses, Marcos Fajardo e Raúl Creus. Alí tamén aproveitou para presentar o seu libro, Félix, un hombre en la Tierra, no que redescubre ao seu pai. “Precisamente hoy, cuando nos enfrentamos a la peor crisis sistémica y medioambiental, compele recuperar el referente y la brújula existencial que nos ha legado”, sinalou Odile Rodríguez.

23 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.