Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A senda peonil de Sisalde protexerá aos nenos do colexio de Agro do Muíño

O alcalde de Ames visitou a vía unha vez rematada
// Conecta esta zona do rural co centro educativo

Blas García e Santiago Márquez, alcalde e concelleiro do Rural de Ames, achegáronse á senda peonil que une Sisalde co Agro do Muíño para coñecer o resultado dos traballos realizados. A obra, que foi adxudicada por 99.601,74 euros, xa está rematada. Esta actuación é unha aposta do Concello por mellorar a seguridade viaria nun tramo moi utilizado para a práctica do deporte e o paseo das veciñas e veciños da contorna, xa que moitas persoas afeccionadas a camiñar ou a correr adoitan facelo por este tramo que une a aldea de Sisalde co centro educativo, na parroquia de Ortoño. Esta nova senda facilita a mobilidade peonil e protexe aos nenos de toda a área circundante.

Para o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, “esta é un paso moi importante para a seguridade viaria porque esta zona é moi transitada polos veciños e veciñas que van ao colexio e tamén porque forma parte da coñecida como ruta do colesterol que sae de Bertamiráns ata a depuradora; e que con esta nova senda pode ampliar o seu percorrido ata a aldea de Sisalde sen correr o risco de facelo por estrada”. Engadiu que “este tipo de sendas teñen, ademais, unha dobre función pois ao ser unha vía estreita cando se atopan dous vehículos pode ser empregada polos coches evitando así o risco de accidentes producidos”. A maiores dixo que “este tipo de vías peonís axudan, ademais, a manter as cunetas limpas e a canalizar as augas pluviais o que repercute nun mellor mantemento das estradas e os asfalto das mesmas.”

Doutra banda, o rexedor aproveitou o acto de recepción da obra para anunciar que o vindeiro ano procederase a iluminar esta zona peonil con cargo aos orzamentos do 2022, pois as obras xa deixaron canalizada a tubería necesaria para a súa posterior realización. Engadiu, ademais, que nunha seguinte fase procederase a continuar a senda peonil polo interior da aldea de Sisalde ata o límite do Concello de Brión.

A intervención, que amosa a preocupación do Goberno municipal pola seguridade, únese a outros dous proxectos para a creación de sendas: o de Coira a Ventín, na parroquia de Biduído, e o do Outeiro a Costoia, na parroquia de Bugallido. Actuacións que se enmarcan dentro da realización dunha infraestrutura que fomente a mobilidade urbana sostible e facilite os desprazamentos a pé ou en bicicleta ao largo do termo municipal. Ademais, esta permitirá que os cativos e cativas se poidan acercar dende as zonas colindantes ata o CEIP de Agro do Muíño dun xeito moito máis seguro.

obra. A senda peonil que une Sisalde con Agro do Muíño ten unha lonxitude de 750 metros e unha anchura de 1,80 metros. Na súa construción utilizáronse quince centímetros de zahorra de canteira e quince de formigón, ademais de mallazo e xuntas de dilatación. Previo ao pavimento, procedeuse a canalizar con tubería de PVC de 315 milímetros de diámetro, a realizar 26 pozos con sumidoiro para unha correcta recollida de augas pluviais e a canalizar cun tubo de polipropileno verde para iluminación pública, todo elo previa escavación de zanxa e posterior recheo compactado da mesma.

Asemade, construíuse un muro de bloques de granito de 120 metros de lonxitude e 1,50 de alto, para a contención de terras, coa correspondente varanda metálica de protección. A obra tamén contemplou a colocación de 220 metros de bordo exterior de formigón prefabricado, en protección de taludes. Nesta obra, incluída no POS complementario do ano 2019 da Deputación da Coruña, tamén está previsto soterrar a liña telefónica e a retirada dos postes, xa que existían máis dunha ducia de postes que estaban colocados no medio da senda e dificultaban o paso. Unha tarefa que ten que realizar a propia empresa de telefonía.

Deste xeito, os habitantes das áreas cercanas poderán desfrutar dunha zona pola que pasear e facer deporte sen a presión constante que supón o tráfico. Ademais, ao chegar ata o colexio de Agro do Muíño permite que os cativos e cativas que vivan preto do mesmo se poidan desprazar ata el dun xeito seguro. Así pois, cando a mesma vía se atope dotada dun sistema de alumeado, será completamente funcional en tódolos sentidos e momentos do ano.

No caso de mencionar os inconvintes desta tipoloxía de vías, hai que resaltar que non conta con ningún tipo de sistema de seguridade que protexa aos peóns no caso de que algún vehículo se adentre na zona marcada como senda. É por iso que a doble funcionalidade de peonilización e facilitadora do tráfico rodado non é compatible no que a términos de seguridade vial se refire.

30 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.