Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A vedresa Concha Otero vai firmar exemplares o día 10 na Feira do libro da Coruña

‘La noche en la que todo cambió. La vida con DCA’ vai xa pola 2ª edicion // A autora estará no posto de Hércules Ediciones

A vedresa Concha Otero vivirá por primeira vez o vindeiro 10 de agosto a experiencia dunha firma de libros. “Es para mi todo un honor, ya lo fue hace dos años sacar el libro”, explicou a autora a este xornal. La noche en la que todo cambió. La vida con DCA, tamén traducido ao galego pola catedrática Blanca Roig, vai xa pola segunda edición grazas a unha exitosa acollida, e agora todos os lectores e lectoras terán a posibilidade de coñecer en persoa a Concha Otero na Feira do libro da Coruña. Esta técnica informática e escritora estará asinando o seu traballo a partir das 18.30 horas nos xardíns de Méndez Núñez, na caseta de Hércules de Ediciones.

La noche en la que todo cambió comparte co mundo a enfermidade que o marido da autora, Juan, sofre dende hai 17 anos. A noite do 2 de agosto de 2005 padecía un derrame cerebral, e dende ese momento a vida de ambos deu un xiro completo, ao converterse Juan en dependente.

Otero, que tamén é vicepresidenta da Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela, é máis forte ca nunca. Algo que se constata aos cinco minutos de falar con ela. “Seguimos haciendo todo lo que podemos y nos permite la enfermedad. Me considero una privilegiada dentro de este mundo. Las madres que tienen a sus hijos en terapia en la asociación, ellas sí están llenas de coraje”, considera Concha.

O seu marido tiña tan só 39 anos cando enfermou de repente. “Es algo que no esperas. Tras mucho tiempo sin saber que hacer, y con la ayuda de mis padres, decidí reinventarme y echar mano de la Asociación porque son personas que necesitan atención 24 horas”. Iso si, Concha Otero quixo recalcar que para saír adiante foron vitais os seus pais, aos que xa perdeu. “Ellos fueron mi gran apoyo, también mi hermano y mi hijo, aunque era muy pequeño cuando todo ocurrió”.

Da Asociación tan só pode desfacerse en alagos: “tenemos un personal y técnicos de doce. Todos los que formamos parte de ella seguimos luchando día a día para que las personas con DCA -Dano Cerebral Adquirido- tengan una vida digna”.

Concha Otero anima a ler o seu libro porque é un relato que non busca causar lástima, senón moi ao contrario, ser unha axuda para calquera persoa que sufra unha situación similar. “Yo siempre digo en todas mis charlas que es fundamental cuidar al cuidador”, recalca.

La noche en la que todo cambió é un relato ameno que conecta rápido co lector. Pode adquirse en Amazon, Casa del Libro nas librarías Couceiro, Follas Novas e moitas outras por encargo.

07 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.