Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Alfonso Rueda fixo entrega en Outes da primeira tarxeta dunha iniciativa pensada para reactivar o consumo interno en tempada baixa // Permitirán facer uso do crédito nos establecementos asociados á campaña ata finais de ano TEXTO María Cano

A Xunta convida a quedar en Galicia co seu bono turístico

A nova edición do bono turístico da Xunta arrincou este venres en Outes cun acto simbólico no que o vicepresidente primeiro en funcións, Alfonso Rueda, fixo entrega da primeira tarxeta da iniciativa #QuedamosEnGalicia22, pensada para reactivar o consumo interno en tempada baixa, a unha veciña da localidade que, como milleiros de galegos e galegas, se presentara á convocatoria.

No acto, que tivo lugar nas Cabaniñas do Bosque, un dos establecementos adheridos, o responsable de Turismo do Goberno autonómico invitou aos galegos e galegas “a quedar en Galicia” e a desfrutar da súa oferta da man desta campaña.

Alfonso Rueda, que asistiu acompañado do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, puxo o complexo turístico como exemplo da calidade da oferta que ofrece a Comunidade e á que poderán acceder os beneficiarios desta nova edición do bono, que xa nos vindeiros días comezarán a recibir as súas tarxetas prepagamento.

O vicepresidente primeiro en funcións amosouse convencido de que, se a edición anterior foi “unha historia de éxito de principio a fin”, esta superará aínda máis as expectativas. E non só porque nada máis saír a convocatoria se duplicara a demanda da anterior, con 20.000 solicitudes en 12 horas, senón tamén porque “Galicia está de moda” e porque, da man do Xacobeo, “non hai mellor alternativa para desfrutar dun tempo de lecer”, sinalou.

Dende a Xunta destacaron que “Galicia liderou o ano pasado a recuperación turística en España”, e agora en 2022, coa mobilidade internacional aberta e da man do Xacobeo, “as cifras confirman que pode ser un ano histórico para o sector”. Ademais de superarse xa as 50.000 compostelas, o que supón un récord de peregrinos desde que hai rexistros, os datos de ocupación turística indican que a Comunidade galega rexistrou nos tres primeiros meses do ano preto de 576.000 viaxeiros e case 1,1 millóns de pernoitas, o que supón triplicar os datos do mesmo período do ano pasado. “Nunca houbo tantos peregrinos camiñando a Galicia nin tantos galegos quedando en Galicia”, asegurou Rueda.

Os primeiros beneficiarios das tarxetas xa poderán facer uso delas nas vindeiras semanas e teñen de prazo para gastalas ata finais de ano, coa excepción dos meses de verán, xa que a mencionada campaña está pensada para reactivar o turismo interno en tempada baixa.

Nesta edición, a Xunta de Galicia asumirá o 40 por cento do custe dos servizos consumidos e os particulares o 60 % restante segundo o importe escollido. Ao igual que o ano pasado hai tres tipos de bonos: un de 250 euros (100 € abonados pola Xunta e 150 € polos beneficiarios); outro de 375 euros (150 euros achegados polo Goberno galego e 225 € polos particulares); e o terceiro de 500 euros (200 € polo Executivo autonómico e 300 polos usuarios). Cómpre lembrar que o ano pasado a tarxeta de maior contía foi a escollida na súa gran maioría polos solicitantes.

Resaltar que a anterior edición do bono turístico “foi unha medida pioneira que permitiu inxectar 7,6 millóns de euros ao sector, sobre todo nos meses de menor actividade e concentrándose o consumo no último trimestre do ano”, sinalaron dende a Administración galega.

a protagonista
“A medida é un acerto total”
Renata Lema
Propietaria das Cabaniñas do Bosque de Outes

Renata Lema, propietaria das Cabaniñas do Bosque de Outes, onde se entregou a primeira tarxeta de #QuedamosEnGalicia22, afirmou que a súa experiencia con esta campaña foi boísima. “Tivemos centos de reservas; fomos dos establecementos adheridos que máis reservas tiveron con bono turístico. Unha vez analizados todos nos demos conta de que o ticket medio subía; a xente que viña co bono acababa gastanto un pouco máis”, explicou. O programa “é en tempada baixa e iso é fantástico. É moi boa medida; un acerto total”, sinalou.

{ blanco o negro }
Abriendo horizontes
María Cano

esta campaña se puso en marcha el primer año de la pandemia del covid, en 2020, con el sector sanitario como beneficiario de estas tarjetas subvencionadas que sufragan buena parte del gasto en establecimientos hoteleros y de alojamiento en la Comunidad gallega, adheridos a este programa. Sin duda, los resultados hablan por sí solos. La iniciativa funcionó, pues se ampliaron presupuestos y se abrieron horizontes para llegar a más personas con el objetivo de favorecer a uno de los sectores más castigados en los últimos años. Además, este bono es una apuesta por el turismo interno por parte del Ejecutivo autonómico, con el que se busca incrementar el número de visitantes pero, también, desestacionalizar la oferta turística.

07 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.