A Xunta licita obras de mellora nas lonxas de O Son e Portosín
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou este luns o porto de Portosín, onde anunciou que Portos de Galicia vén de iniciar o procedemento de licitación das obras de acondicionamento da lonxa local e tamén dos edificios que acollen a lonxa e a confraría de pescadores de O Son.
A titular de Mar, que estivo acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas; do alcalde Luis Oujo; do concelleiro de Medio Ambiente, Manel Deán; e do patrón maior de Portosín, Isaac Gaciño, subliñou que o investimento conxunto supera os 400.000 euros e que este tipo de actuacións buscan mellorar as condicións de traballo dos usuarios destas instalacións.
Neste sentido, a representante do Executivo autonómico lembrou que os beneficiarios potenciais destas melloras serán os máis de 300 socios que suman as confrarías de Portosín e Porto do Son e as case 150 embarcacións que teñen base nos dous portos, ás que se suman as de outras localidades que venden neles. Entre os beneficiarios tamén se atopan os traballadores das propias lonxas ou os comercializadores ao por maior ou polo miúdo que participan nas súas poxas.
Neste sentido, Quintana salientou que se trata de dous centros de primeira venda que contan cunha importante actividade e que resistiron ben os anos da pandemia, polo que apostou por seguir investindo na zona para impulsar a súa actividade e xerar emprego e riqueza na súa contorna, así como mellorar a comercialización dos produtos do mar.
Segundo indicou, os traballos na lonxa de Portosín consistirán no acondicionamento do inmoble e na mellora da súa estanquidade. De feito, renovarase a cuberta substituíndoa por outra de materiais máis modernos e resistentes. Ao mesmo tempo, cambiaranse os canlóns e baixantes, realizarase o pintado e selado das fachadas e pintarase algunha zona interior do efificio, como a zona de oficinas. Todas estas actuacións contan cun orzamento de licitación de preto de 200.000 euros.
No caso das melloras previstas en O Son, acondicionarase e mellorarase a estanquidade da lonxa renovando a cuberta, os canlóns e as baixantes, ao tempo que se procederá ao selado e pintado da fachada. No interior tamén se pintarán as zonas de oficinas, poxas e aseos, mentres que no inmoble da confraría selaranse as fachadas para evitar filtracións de auga e pintarase o interior. Estes traballos contan un orzamento de licitación de 230.000 euros.
A conselleira do Mar explicou que a tramitación das dúas actuacións se atopa en fase de presentación de ofertas, un prazo que rematará a comezos do mes de xullo. Posteriormente, unha vez contratadas e iniciadas as obras, o prazo de execución previsto é de catro meses.
Pola súa banda, Isaac Gaciño referiuse a outras melloras previstas en Portosín no ámbito marítimo, como a de dotar ó porto dun dique de abrigo de 120 metros, segundo comentou o patrón maior. “Facilitaría que o vento de nordés non nos ataque tanto, permitindo o atraque de barcos de maior tamaño”, explicou. O dirixente do pósito tamén destacou a ampliación do número de atraques no porto, así como as melloras que se están a acometer na nave de redeiras de Portosín, unha intervención financiada a través do GALP.
Patrón maior de Portosín
O patrón maior de Portosín destacou durante a visita da conselleira “a importancia de que arranxen a lonxa” pois, segundo apuntou, “levaba uns anos con bastantes deficiencias e cos tellados bastante mal”. “Este arreglo vainos facilitar, entre outras cousas, eliminar as vías de auga existentes ou a limpeza dos desaugadoiros”, apuntou. Tamén están en marcha as obras de mellora da nave das redeiras, que financia o GALP e que, previsiblemente, estarán finalizadas nuns meses.
equipar, modernizar y acondicionar los puertos, las lonjas o las zonas de desembarque es de vital importancia para garantizar unas óptimas condiciones de trabajo de los pescadores. No hay que olvidar que, en el caso del concello de Porto do Son, el mar es uno de sus principales motores económicos y una fuente de ingresos para muchas familias. Estas actuaciones, sumadas a otras que se fueron realizando en los últimos años, buscan beneficiar a los socios de las cofradías y embarcaciones, pero también contribuir a mejorar su competitividad. De los puertos de Porto do Son y Portosín parten cada día productos frescos recién salidos del mar para surtir los mercados y a la población. Por todo ello, las inversiones son indispensables.