Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Creouse no colexio do Camiño Inglés coa colaboración de Pazos e o Concello // Inclúe dende arracadas ata vehículos ou pupitres dos anos 50 e 60 TEXTO M. Outeiro

Abre o primeiro museo de Oroso sobre etnografía

O Día dos Museos foi a data elexida polo Colexio do Camiño Inglés de Oroso para presentar, precisamente, a primeira sala de exposicións etnográficas que abre no municipio. Trátase do Espazo Pendeloque, e pretende pór en valor diante da comunidade educativa o patrimonio cultural local, en colaboración con Concello. As pezas, ademais, forman parte na súa meirande parte da colección do historiador Manuel Pazos Gómez, que tamén titorizou ao alumnado na súa preparación.

Este espazo quere facer mención tamén ao centenario do descubrimento do Tesouro de Recouso. Un conxunto de pezas de gran importancia que incluén arracadas, uns pendentes chamados vulgarmente pendeloques que prestaron dende o Museo das Peregrinacións de Santiago e o Museo Provincial de Lugo.

Pola súa banda, o Museo Pedagóxico de Galicia cedeu unha pequena selección de pezas que recrean unha escola dos anos 50 e 60 do século pasado. Tamén se involucrou neste proxecto a Axencia Galega de Innovación, xa que elaborou un modelo de arracada que semella en todos os aspectos ás auténticas para poder ser impresas en 3D.

CUSTOS. Ademais, parte dos custos desta exposición foron sufragados polo Premio Camiño de Santiago 2019, coa intención de crear un novo espazo de encontro entre peregrinos e membros da comunidade, aproveitando deste modo as potencialidades pedagóxicas que aporta estar ao pé do Camiño Inglés.

A mostra etnográfica complétase con préstamos de veciños, e estará aberta en primeiro lugar para o alumnado, despois para o conxunto da comunidade educativa e por último, para os veciños, visitantes e tamén o público en xeral .

19 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.