Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
O programa Veo, vexo Xacobeo leva actividades educativas atractivas a alumnos de 3 a 11 anos // Trata de promover entre os máis novos o coñecemento do fenómeno da peregrinación // Fomenta o traballo cooperativo e interdisciplinar TEXTO M . Boo

Achegan os valores do Camiño de Santiago a dezaseis colexios

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou na mañá deste martes ao alumnado de Infantil e Primaria do Ceip plurilingüe de Vedra, onde participou na actividade do programa Vexo, veo Xacobeo, creado no marco da programación do Xacobeo 21-22 co obxectivo de promover o coñecemento do fenómeno da peregrinación. Na visita interactuou nesta iniciativa posta en marcha para dar a coñecer os valores do Camiño de Santiago.

Trenor explicou que un dos principais obxectivos deste programa é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro. Ademais, búscase que este tipo de actividades poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

O proxecto Vexo Veo Xacobeo dota ós centros educativos duns recursos didácticos e actividades educativas atractivas para os máis pequenos: unidade didáctica, videoxogo do Camiño de Santiago, contacontos, saídas guiadas a tramos do Camiño... Cada centro educativo participante presenta despois un producto final, un proxecto que ten como finalidade a divulgación do Camiño e do Xacobeo e os seus valores.

No caso provincia da Coruña o programa lévase a cabo nun total de dezaseis colexios. Concretamente, na área de Santiago as actividades desenvólvense nos composteláns Ceip de Vite e no de Roxos, en Villestro; en Oroso no Ceip de Sigüeiro e no do Camiño Inglés; en Melide no Ceip Martagona e no Mestre Pastor Barral e en Padrón no Ceip Pousana. Nestes centros participaron na actividade un total de 514 alumnos.

Na comarca da Coruña participaron na cidade os Ceip Curros Enríquez, Alborada, Juan Fernández Latorre e Víctor López Seoane e do Concello de Culleredo o Ceip Ría do Burgo cun total de 290 alumnos participantes. Na comarca de Bergantiños Costa da Morte colaboraron con este programa o Ceip Santa Eulalia de Dumbría con 34 alumnos e na comarca do Barbanza en Rianxo o Ceip Alfonso D. Rodríguez Castelao e o Ceip Salustiano Rey da Pobra do Caramiñal que xuntos implicaron a 145 alumnos de infantil e primaria.

Vexo, veo Xacobeo naceu en 2021 para divulgar, sensibilizar e promover os Camiños de Santiago e do Xacobeo, a través do conto, a lectura e a teatralización. O delegado da Xunta destacou que a iniciativa pretende a recuperación do patrimonio inmaterial e achegar o intercambio cultural a través da tradición oral aos cativos.

Está dirixido a rapaces de entre 3 e 11 anos, que son so verdadeiros protagonistas chegando a converterse en prescriptores do Ano Santo. De feito, a actividade complétase coa realización dunha serie de videos escolares nos que os propios alumnos falan do Camino e do Xacobeo.

O programa é unha iniciativa da Axencia de Turismo de Galicia, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través do Plan Proxecta +, dirixido a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial.

O protagonista
“ OS RAPACES deben coñecer o significado dO XACOBEO”
Gonzalo Trenor
Delegado territorial de la Xunta en A Coruña

O delegado da Xunta na provincia da Coruña destacou durante a súa visita ó colexio de Vedra a importancia desta actividade para que os rapaxces vaian tiomando conciencia do que significa o Camiño de Santiago. Con esta actividade multidisciplinar estamos achegando ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e o Xacobeo para poder traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural”.

{ contra vento e marea }
Como o primeiro bico
Manuel Boo

é necesario aprender a querer o Camiño de Santiago, ó que tanto lle deben moitas familias deste país chamado Galicia. E para empezar a ter esa complicidade nada mellor que educar desde ben novos ós nosos rapaces. Teñen que entender o que é o Camiño, o que significa como elemento vertebrador da cultura europea, a importancia que ten o seu patrimonio e o valor económico que aporta por medio do turismo. Eran outros tempos cando hai xa case que 50 anos no pasillo da escola na que estudiaba se extendía un mapa do Camiño Francés. Non tardaron en asaltar as preguntas e pronto soupemos que era aquelo do Camiño (o invento marquetiniano do xacobeo aínda non existía). Foi un primeiro paso. Como o primeiro bico de dous namorados.

27 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.