Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 30 octubre 2020
20:37
h

Adían os actos da Batalla maiá de Altamira ata o 24

A MAÍA. A que ía converterse na primeira festa da comarca da Maía, Altamira Brilla, adíase ata o vindeiro 24 de outubro pola previsión de chuvias. A convocatoria continuará co mesmo programa e as entradas xa mercadas (e esgotadas) serán válidas para a nova xornada. A festa que conmemora por primeira vez a confrontación aos pés das Torres, e incluirá a presentación pola mañá do libro A Batalla de Altamira, das historiadoras Mercedes Vázquez e María Pilar Rodríguez. Ademais, o arquitecto Mario Crecente vai ser quen dea conta das actuacións que está a preparar a Deputación da Coruña no monumento. Pola tarde, está confirmada a participación da compañía teatral Os Quinquilláns que representará a contenda, e ofreceranse uns pinchos. Pechará a xornada a actuación do grupo A Baiuca. Lembrar que o conxunto das Torres foi mercado pola Deputación da Coruña en 1973, iniciando as obras de limpeza e consolidación desa fortaleza. m.m.

19 sep 2020 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.