Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Amabul celebra xornadas micolóxicas en outubro

Vedra. A Asociación Ambiental Amabul de Vedra presenta unha nova edición das Xornadas Micolóxicas Cogomelar. Trátase dunha actividade pertencente ao programa Aula Ambiental Ulla+22, subvencionado pola Deputación da Coruña, e que conta coa colaboración do Concello.

As distintas xornadas desenvolveranse os días 15, 22 e 23 de outubro de 2022, en horario de 10.00 a 14.00, máis a xornada vespertina (de 16.00 a 20.00 horas) do día 15. As saídas de campo desenvolveranse en diferentes contornas naturais da comarca ullá e as actividades de análise e estudo de cogomelos levaranse a cabo no centro sociocultural de Vedra.

En cada unha das xornadas haberá unha saída de campo, un almorzo a cargo de Amabul, unha análise e estudo de cogumelos, e logo (ás 14.00 ou ás 20.00 na xornada vespertina) pecharase a xornada. Impartirá Chemi Traba a formación. Os que desexen participar poden anotarse ás xornadas que queiran a través da páxina web da entidade: www.amabul.org. Hai que darse présa porque as prazas son limitadas. C.E.

14 sep 2022 / 19:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.