Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 16 agosto 2022
18:05
h
A asociación vedresa presentou unha unidade didactico-ambiental para sensibilizar á cidadanía sobre a preservación das especies de micelios // Impulsou tamén unha exposición itinerante na que alerta dun xeito gráfico do impacto das plantas exóticas invasoras nos ecosistemas galegos TEXTO Javier Salutregui

Amabul remarca a importancia dos cogomelos e o perigo da flora invasora

A semana pasada a Asociación Medioambiental de Vedra Amabul presentou a unidade didáctico-ambiental (UDA) Os cogomelos como recurso ambiental e pedagóxico, unha publicación financiada pola Deputación da Coruña que pretende converterse nunha ferramenta útil para quenes queiran achegarse ao mundo dos cogomelos, dende profesionais da educación ata veciños.

A mentada UDA, escrita por Rubén Villasenín Iglesias e José María Traba Velay, xorde do interese de Amabul pola conservación ambiental e a necesidade de informar sobre a mesma. Coa proposta a asociación quere sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da preservación dos cogomelos e, ao mesmo tempo, capacitala para o estudo, a análise e a identificación de especies micolóxicas mediante o método hábitats, cores e formas (HCF). A unidade didáctica divídese en catro grandes eixes temáticos formulados en forma de pregunta: Qué son os cogomelos? Por qué son importantes os cogomelos? Cómo son os cogomelos? E por último: Cales son os cogomelos máis comúns?

Desde Amabul agardan que os lectores coñezan qué son os micelios, cómo son, cómo se alimentan, cómo se reproducen e a súa morfoloxía; que comprendan a importancia ecolóxica dos fungos e que aprendan a diferenciar as principais clases de fungos nos ecosistemas galegos. Ademais, esperan que o método HCF sirva como guía para a elaboración doutras iniciativas para a aprendizaxe, sensibilización e capacitación no eido da micoloxía.

Exposición. A asociación Amabul elaborou recentemente Unha ameaza chegada dun espazo exterior, unha exposición itinerante que trata a problemática da presenza de vexetación invasora no curso ríos de Galicia, procurando educar e sensibilizar ás persoas acerca das invasións biolóxicas provocadas pola flora alóctona. A exposición, financiada pola Deputación da Coruña, consta de 16 paneis e a unidade didáctica-ambientas A flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos (o sistema fluvial Ulla-Deza).

A exposición divídese en catro bloques de contidos: métodos e estratexias de invasión, impactos medioambientais das plantas exóticas invasoras (PEI), principais PEI dos ecosistemas fluviais e preforestais, e estratexias de prevención, control e eliminación. Entre as plantas foráneas que aparecen na exposición encóntranse o eucalipto, a mimosa, a acacia negra, o fento de auga, o xacinto de auga, as herbas da fortuna, da pampa e do asno; a cala de Etiopía, o falso bambú, o cáñamo de auga americano e o té de horta.

Tanto esta exposición como a unidade didáctico-ambiental Os cogomelos como recurso ambiental e pedagóxico poden descargarse de balde na páxina web de Amabul.

05 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.