Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ames aspira á mobilidade sostible cos peóns como a súa principal preocupación

O Concello xa recibiu o borrador do Pmus // Búscase a creación dun termo municipal máis eficiente e seguro

O borrador do Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello de Ames foi entregado o venres pola empresa encargada da súa redacción. O texto recolle a análise e o diagnóstico da situación actual de Ames no ámbito da mobilidade. Desenvolver un novo modelo de comunicacións é o obxectivo deste plan, posto en marcha pola concellería de Mobilidade. Así pois, o Pmus pretende sentar as bases dunha nova cultura na que as persoas sexan a prioridade e onde se revalorice o espazo público do termo municipal.

O borrador detalla a recollida, a análise e o diagnóstico da situación actual no eido da mobilidade, así como os diferentes programas de actuación e o plan de seguemento. Este é un conxunto de actuacións que teñen como obxectivo a implantación de formas de desprazamento máis sostibles dentro do municipio, así como mellorar a eficiencia e a sostibilidade do modelo, acadar un desenvolvemento equilibrado, mellorar a seguridade e a calidade urbana e lograr un cambio nas condutas da cidadanía.

Paralelamente á entrega do borrador abriuse un período de participación pública de dúas semanas no que os cidadáns poderán consultar os documentos actualizados, os resultados e a información relativa ao plan a través da web pmusames.gal. O prazo para realizar a consulta rematará o vindeiro luns día nove de agosto, este inclusive.

Coa apertura deste período de información pública o que se busca é obter a valoración e a validación
do plan. Todas as suxestións e as alegacións recompilaranse nun in-
forme que formará parte dos do-
cumentos finais do Pmus antes
de que pasen a aprobación pública.

Este proxecto enmárcase dentro do Plan Impulsa Ames, cofinanciado pola Unión Europea a través do Feder no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. O servizo de redacción do Pmus está incluído dentro do Obxectivo Temático 4 de cambio climático, da Edusi Impulsa Ames, dirixido a favorecer o paso a unha economía de baixo nivel de emisión de carbono en todos os sectores. Concretamente, este entra no marco da liña de actuación número catro: programa de mellora integral da mobilidade e a conectividade por transporte público do concello.

diagnóstico. O Pmus presentou unha serie de problemáticas existentes referentes á mobilidade peonil, á ciclista, ao transporte público, ao de mercadurías e aos desprazamentos privados. No referente aos peóns, destaca o mal estado das beirarrúas e a carencia destas dende os núcleos urbanos ata os colexios e institutos, ademais da falta de pasos de cebra e sendas peonís. Tamén se pretende crear unha infraestrutura que facilite aos ciclistas comunicarse con Santiago e coas vilas próximas sen necesidade de transitar por estradas como a SC-20, ademais de crear aparcamentos para os mesmos e mellorar a seguridade viaria para reducir os atropelos.

Doutra banda, no relativo ao transporte de mercadurías e aos desprazamentos individuais preténdese solucionar os embotellamentos que se producen nas horas punta, o estacionamento no polígono industrial e a entrada e a saída do mesmo parque empresarial. Ademais, e ligado aos problemas de tráfico, fálase da necesidade de crear alternativas ao paso da N-550 á altura do Milladoiro, xunto ca mellora da vía rápida das Galanas para favorecer o transporte de cargas pesadas, creando dous carrís a maiores dos existentes para camións e furgonetas.

29 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.