Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Secretaria, tesoureira e interventor son os empregados mellor pagados cunha ampla diferenza // Peóns de obra e persoal de limpeza, de servizos xerais e cociña atópanse entre os peor remunerados na localidade maiá TEXTO Javier Salutregui

Ames suma máis de sesenta postos de traballo diferentes

Como todos saben, todos os concellos teñen persoal nas súas plantillas; persoas que desenvolven diversas labores de xestión, de mantemento, de axuda social ou de defensa na localidade. En Ames existen máis de 60 modalidades laborais que forman parte do persoal do Concello, cuxas nóminas en bruto supoñen en total un custo de máis dun millón de euros.

Aínda que non hai clasificación, pódense diferenciar 10 categorías: Secretaría e Persoal, Obras e Urbanismo, Axuda Social, Educación, Medioambiente, Finanzas e Contabilidade, Emprego e Policía Local.

Na categoría de Secretaría e Persoal Administrativo o posto mellor pagado é o da secretaria, quen percibe 3.930,28 € brutos ao mes e que, xunto a diferentes complementos, resulta ter un salario anual de 54.093,90 €. Os seguintes postos mellor retribuídos son o de técnico de Secretaría, con 2.784,59 € brutos, e o de xefa de Servizo, Planeamento e Xestión, con 2.700,77 €. Por último, os administrativos teñen un salario mensual de 1.840,52 € e os diferentes auxiliares, tanto administrativos como de atención ao público, notificadores e de arquivo, cobran 1.525,90 euros sen impostos.

En canto ao persoal con empregos relacionados coa Axuda Social, atópanse catro postos cunha nómina de 2.556,28 €: asesora xurídica de Servizos Sociais, mediador social intercultural, psicóloga e asesora xurídica de Servizos Sociais-CIM. O salario dos traballadores sociais é de 2.311,94 €, o dos educadores familiares de 2.270,07 €, e o dos animadores socioculturais, de 2.019,15 €.

A seguinte categoría é a de Educación, na que se atopan un total de 11 postos de traballo. O técnico de Educación percibe 2.658,83 € brutos mensuais, o responsable da Aula da Natureza e o técnico de Normalización Lingüística 2.556,28 €, e os directores de escolas infantís 2.414,49 €. Nos mestres, os EMMA teñen un salario de 2.267,60 €, mentres que o dos mestres de escolas infantís é de 2.193,27 €. Tamén existen diferencias salariais nos educadores e os conserxes dependendo do seu ámbito: os educadores xuvenís perciben 2.193,27 € brutos cada mes e os educadores das escolas infantís 1.794,87 €; e a nómina dos conserxes de Cultura e Deportes ascende a 1.459,40 €, lixeiramente superior á dos conserxes de Educación, que é de 1.410,71 € brutos.

Na Policía Local de Ames os salarios son maiores ou menores en función da xerarquía. Desta forma, o inspector cobra 2.857,12 € brutos, os oficiais 2.026,89 €, os policías locais 1.840,52 € e os auxiliares 1.501,27 €. Ocorre o mesmo no sector de Obras e Urbanismo, onde o mellor pagado é o arquitecto (2.598,22 €). Ségueno o arquitecto técnico e o técnico de Obras (2.311,94 € cada un) e o responsable de Servizos Administrativos de Urbanismo (2.050,30 €). Na parte baixa da escala salarial atópanse os responsables de brigada de Obras (1.973,50 €), os capataces (1.889,68 €) e os peóns de obra (1.305,95 €).

Ademais, no ámbito de Emprego atópanse tres postos de traballo bastante ben remunerados: técnico local de Emprego (2.556,28 €), técnico de Orientación Laboral (2.434,40 €) e axente de Emprego e Desenvolvemento Local (2.270,07 €). Na categoría de Medioambiente están o responsable da garda ambiental e o enxeñeiro técnico forestal, ambos cunha nómina de 2.270,07 € brutos, e os peóns de Mediambiente con 1.305,95 € sen impostos.

O último sector diferenciable é o de Finanzas, onde están varios dos traballos mellor pagados do Concello. En primeiro lugar, tanto o interventor como a tesoureira perciben 3.930,28 € en pagas extras, o que suma un total de 54.093,90 € anuais. Con 2.085,21 € seguen a xefa do servizo de Contabilidade e con 2.050,30 € o xefe do de Contratacións.

06 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.