Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Amicos e Cobre San Rafael traballan na recuperación da duna de Corrubedo

Esta alianza levou a oito integrantes da Ecobrigada do colectivo a apoiar estos labores // Coas tarefas tratan de frear o avance das masas forestais de piñeiros

Grazas á alianza xerada con Cobre San Rafael, unha cuadrilla de oito integrantes da Ecobrigada de Amicos, levan desde hai unhas semanas apoiando nos labores de recuperación do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

Traballan en 185 hectáreas –o que equivale a unha quinta parte da superficie total do parque–, e entre os labores inclúense o de frear o avance das masas forestais de piñeiros, así como dalgúns eucaliptos, acacias e especies alóctonas, que son moi invasoras e que están a impedir a mobilidade da duna. As accións que se están levando a cabo, contemplan a aplicación de tratamentos que non influirán sobre o resto das especies.

Cómpre lembrar que as Ecobrigadas son un equipo multidisciplinar de persoas con discapacidade que combinan a innovación social e o coidado medioambiental para a execución de obras forestais, prevención de incendios forestais, xardinería e bedelería. As persoas que forman parte das Ecobrigadas reciben formación adaptada e son acompañadas durante todo o proceso para mellorar a súa empregabilidade.

Así, grazas a empresas como Cobre San Rafael poden seguir dando formación, intermediación e apoio a persoas con discapacidade para conseguir un emprego adaptado ás súas necesidades.

O director xeral de Amicos, Xoán España, explicou que a través das Ecobrigadas xéranse “35 postos de traballo de persoas con discapacidade intelectual”, onde “o esforzo, a superación e o exemplo de que sempre se pode, demostran que sempre hai unha oportunidade para avanzar”.

Así mesmo, España aproveitou para dar as grazas a esta nova alianza porque “é unha aposta por continuar na formación, na intermediación e no apoio das persoas con discapacidade para conseguir un emprego”.

Pola súa banda, o director de Relacións Institucionais de Cobre San Rafael, Pablo Núñez, remarcou que a natureza “é unha prioridade” para a empresa. “Estamos moi orgullosos do labor que estas semanas están a realizar as Ecobrigadas de Amicos para limpar o Complexo Dunar de Corrubedo e as Lagoas de Carregal e Vixán”, incidiu.

Tamén un dos traballadores da Ecobrigada, Aitor Resúa, agradeceu á empresa que dese “unha oportunidade” a este grupo e confiase “no seu traballo”.

10 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.