Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 17 mayo 2022
17:06
h

Amicos fomentará o emprego verde en Corrubedo, Doñana, Monfragüe, Cádiz e Xibraltar

O colectivo de Ribeira participa en tres proxectos ca Fundación Biodiversidad // Incidirá na formación das persoas vulnerables

A asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos, de Ribeira, estrea tres proxectos dentro do programa Empleaverde da Fundación Biodiversidad. O obxectivo común destas accións formativas é insertar laboralmente a máis do 22 % dos participantes. Para elo, contarán co acompañamento do equipo de orientación e emprego da entidade.

As zonas de actuación dos proxectos serán as Rías Baixas (sobre todo o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e o Parque Natural de Corrubedo, en Ribeira), a devesa extremeña e o Parque Nacional de Monfragüe, así como a zona máis occidental de Andalucía, con especial atención ó Parque Nacional de Doñana, ó Parque Nacional da Baía de Cádiz e ó Parque Nacional do Estreito de Xibraltar.

Un dos proxectos é o denominado Intercostas II: Turismo costero sostenible, no que se desenvolverán nove accións formativas repartidas entre Galicia e Andalucía que abarcarán temáticas como a necesidade de fomentar o turismo responsable dentro dos espacios naturais protexidos.

Algunhas das prácticas faranse no Parque Nacional das Illas Atlánticas e no Parque Nacional de Doñana.

O segundo proxecto é o titulado New Forest: mitigación y adaptación al cambio climático en espacios naturales, que pretende capacitar ás persoas desempregadas na xestión da mitigación e adaptación ao cambio climático a través da realización de catro itinerarios formativos para a posta en valor do medio natural e rural. A finalidade é xerar novas oportunidades de emprego verde en zonas demograficamente deprimidas.

Por outra parte, o proxecto Innova-Empleo: Experiencias de innovación local para o empleo, emprega a innovación para a inserción laboral. As persoas participantes recibirán formación, asesoramento e acompañamento gratuíto adaptado ás características territoriais, ao perfil de cada persoa e ás súas necesidades. Os participantes serán formados para actuar como axentes dinamizadores dos ODS nos seus territorios e crearase conciencia sobre a necesidade de xerar novos empregos relacionados coa economía verde e a innovación social que podan ser liderados por persoas con discapacidade intelectual.

Tamén se pretende impulsar o esforzo entre entidades para xerar unha rede de traballo nacional para a búsqueda, detección e impulso de oportunidades de emprego verde ou azul adaptado.

Todos estos programas, centrados nunha área de interés e unhas temáticas específicas, tratan de xerar novas oportunidades de emprego verde destinado á persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade social. Sobre todo, traballan na inserción de persoas con discapacidade intelectual, xa que é un dos colectivos máis afectados polo desemprego.

Os tres proxectos contan coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través do Programa Emplea Verde, financiado polo Fondo Social Europeo.

delegribeira@elcorreogallego.es

tit1L vinculado (PEDIR DESVINCULAR Y FOTO TARDE
Subtitulo4liI
15 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.