Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Amplían o Bono Concilia un 10 % en todos os tramos

Diríxese a axudar ás familias a pagar unha praza nunha escola infantil // Conta cun investimento de dous millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este xoves a nova orde do Bono Concilia, que a Xunta incrementa este ano nun 10 % en todos os seus tramos. Así o anunciou a conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, durante unha visita a Golfiños e Xoaniñas, dúas escolas infantís de Noia, que realizou xunto ao alcalde da localidade, Santiago Freire Abeijón, e a concelleira de Facenda noiesa, Laura Salgado.

Este programa ofrece axudas económicas directas ás familias para colaborar no pago dunha praza nunha escola infantil privada da súa elección naqueles casos de nenos ou nenas que queden en lista de espera nas escolas infantís públicas financiadas con fondos públicos, ou residan en localidades nas que non existen estes centros.

Ao respecto, a representante do Goberno autonómico sinalou que a partir deste mesmo venres, 18 de xuño, as nais e pais xa poden solicitar este bono, que contará cun investimento total de 2 millóns de euros, ampliables, para atender a todo o mundo que o pida e cumpra os requisitos.

Deste xeito, para un neno que vaia á escola a xornada completa con comedor, o Bono Concilia oscilará entre os 50 e os 275 euros ao mes.

Para solicitar esta achega débese ter pedido antes unha praza pública, e que ou ben fose denegada ou ben non se axuste ás necesidades de horario dos proxenitores. Destacar que esta axuda é compatible con outras destinadas tamén a pagar este servizo, sempre que non se supere o custo do mesmo.

Asemade, cómpre lembrar que esta prestación beneficia na actualidade só aos primeiros fillos, xa que desde o mes de abril do ano pasado todos os segundos descendentes e sucesivos teñen o 100 % da atención educativa gratis en calquera escola infantil, tanto pública como privada ou de iniciativa social.

beneficiarios No curso 2020/2021 máis de 1.400 familias beneficiáronse deste programa. Desde o 2009 foron preto 23.000 os nenos que levan desfrutado deste bono para o pago dunha praza nunha escola infantil.

16 jun 2021 / 19:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.