Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
O grupo conta con trece membros e compón cancións inspiradas na cultura e a tradición galega // Naceu en 2019 no Concello de Portas TEXTO Javier Salutregui

Ancestros: sons de carácter celta con influencias nórdicas e fusión

A finais de 2019 naceu en Ancestros, unha agrupación musical de carácter celta, con influxo nórdico e fusións étnicas e tradicionais. O grupo ten a súa orixe en Lantaño, parroquia ubicada no Concello de Portas, e realiza versións e composicións orixinais en galego, xunto con elaboradas representacións escénicas adaptadas á temática. Conta con trece membros, entre eles cantantes, violinistas, gaiteiros, guitarristas e percusionistas, ademais dos bailaríns Yara e Kevin Juncal.

Ancestros organiza os seus espectáculos en catro fragmentos: o primeiro interpreta os valores da sociedade galega en torno á súa riqueza histórica e cultural; o segundo fragmento inspírase no Camiño de Santiago, a peregrinación e a literatura galega; o terceiro destaca o misticismo, as crenzas e os rituais históricos cunha importante representación escénica, e o último fragmento fundaméntase nos refraneiros populares e as cantigas.

Entre o seu repertorio atópanse obras como O camiño, Patria, Afouteza, Espíritu das fragas, Nana dos soños, Miña Terriña e Tesón, unhas cancións inspiradas na pandemia causada polo coronavirus. Ademais, conta con tres instrumentais: un de violín, outro de gaita basado nunha muiñeira, e un último de despedida.

Os músicos que compoñen Ancestros contan cunha ampla experiencia a súas costas, tanto no que atinxe ao sector como en diferentes agrupacións líricas.

28 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.