Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Apoio socialista á planta de Servia nun momento de grande incerteza

Poñen en valor os postos de traballo na comarca e a reciclaxe en proximidade “menos contaminante” // Consideran prioritario asegurar a súa continuidade

Despois de que os traballadores da planta de residuos de Servia (Lousame) e membros do sindicato se manifestaran o pasado domingo no Concello de Porto do Son para defender a continuidade do modelo de reciclaxe e os empregos, representantes do PSdG-PSOE dos municipios que forman a Mancomunidade Serra do Barbanza (Lousame, Noia, Porto do Son, Muros, Carnota e Brión) mantiveron unha xuntanza na casa consistorial da vila carnotá.

Coincidindo, ademais, ca recente toma de posesión da presidencia da mancomunidade de Juan Manuel Saborido, alcalde de Carnota, os socialistas xuntáronse para tratar diversos asuntos que lles preocupan especialmente, segundo indicaron, como son o fin da concesión da planta de reciclaxe de Lousame no 2023, “e o mal funcionamento da mancomunidade coincidindo cas presidencias do Partido Popular, onde non se celebraron as reunións que recollen os estatutos en tempo e forma”, sinalaron a través dun comunicado.

Na reunión houbo un compromiso firme ca mencionada planta de reciclaxe, “un modelo polo que o PSdG sempre apostou”, poñendo en valor os postos de traballo na comarca e a reciclaxe en proximidade, menos contaminante ca outras plantas que operan en Galicia”. Ademais, consideran necesario “poñerse a traballar para asegurar o antes posible a continuidade da planta” e realizar as xestións precisas neste sentido, tal como reclamaban os traballadores na manifestación que tivo lugar en Porto do Son.

Así mesmo, os representantes municipais do PSOE ofrecéronse ao alcalde de Carnota para axudarlle en todo o posible a desenvolver a labor de presidente, e “aproveitar o ano de mandato para fortalecer e potenciar unha actividade en común, co fin de mellorar os servizos á cidadanía dos concellos que integran a mancomunidade”.

Pola súa parte, Juan Manuel Saborido asegurou que o seu obxectivo é manter a planta “coas condicións que marque Europa, con máis reciclaxe se cabe aínda”. “Apostamos tamén polos postos de traballo sobre todo, que son un montón para esa comarca, xa que se trata dunha das empresas máis potentes do Concello de Lousame”.

Respecto ao fin do contrato da concesión de recollida e xestión do lixo á empresa FCC, fixado para o ano 2023, a opción máis viable é a de prorrogar o contrato. Recentemente a asamblea da mancomunidade decidiu iniciar o proceso para elaborar uns novos pregos e licitar unha nova concesión. “Esa é a realidade que teñen agora as novas presidencias, porque o 2023 está aí e aínda que pode ampliarse un máximo de cinco anos según os pregos anteriores, non hai que durmirse”.

Por último, Saborido reiterou que deste tema debería ocuparse unha xerencia, “unhas persoas que se encargaran da mancomunidade día a día”, pois cre que o seu papel de intermediario non é suficiente “e as consecuencias sufrímolas todos”, concluíu.

a baña-zas-vimianzo
Autobuses cara á Coruña contra o peche de Abanca

··· Este xoves ás 11.30 horas vai ter lugar diante da sede de Abanca na Coruña unha manifestación contra o peche das oficinas da entidade e que está convocada polos concello de Zas, Vimianzo (neste caso, aféctalle á sucursal da localidade de Baíñas) e A Baña.Todos estes concellos fletan autocares para poder asistir.

··· Segundo aportaban os rexedores, serán uns 10.000 os veciños que resultarán directamente afectados polo peche das oficinas bancarias antes mencionadas.

··· Hai que lembrar que os peches tamén chegaron a outros municipios, como no caso da sucursal ordense do Mesón do Vento. En Campo Lameiro ou en Corvillón (Cambados) tamén van desaparecer, mentras que desde Portas, a Corporación acordou por unanimidad decretar un día de loito oficial para o vindeiro 22 de setembro, data prevista para o seu cerre.

02 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.