Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aposta pola inclusión social e cultural dos inmigrantes empadroados na Laracha

Quince persoas de cinco países participan nun programa que as achega á lingua e tamén ós costumes e valores da sociedade local

O Concello impulsou unha nova edición de A Laracha acolle, un programa dirixido ás persoas inmigrantes empadroadas no municipio (prioritariamente mulleres) o cal ten por finalidade a súa inclusión social e cultural a través de dúas liñas de acción complementarias.

Por unha banda, o taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia e, pola outra, a creación do espazo de expresión e participación cultural Exprésa-T, que está dirixido ao coñecemento dos costumes, ao funcionamento e valores da sociedade de acollida, ao intercambio e á socialización, así como ao tratamento de temas transversais de xénero e coeducación.

Nesta segunda edición do programa, que comezou en setembro e rematará en xuño, están a participar unha quincena de persoas orixinarias de Marrocos, Paquistán, Ucraína, Colombia e Portugal. As persoas interesadas en participar no programa A Laracha acolle deben inscribirse no departamento de Servizos Sociais, ben acudindo ao edificio administrativo da Laracha ou ben chamando ao número 981 612 811.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, realizaron unha visita ás persoas participantes no programa durante unha das sesións que se están a levar a cabo nas instalacións do centro sociocultural de Paiosaco.

No encontro co rexedor puideron trasladarlle a súa satisfacción polo desenvolvemento da iniciativa e os seus avances no coñecemento do territorio larachés e da cultura e do idioma galego.

Por outra banda, o goberno local da Laracha acordou solicitar unha axuda á Deputación da Coruña dirixida a cooperar coas entidades locais no financiamento dos servizos sociais comunitarios de competencia municipal.

O Concello pretende acollerse a dúas liñas de axudas relacionadas co cofinanciamento dos gastos de parte do persoal administrativo e técnico adscrito a ese departamento e, tamén, do Servizo de Axuda no Fogar por libre concorrencia. A contía da achega municipal ascendería a un total de 184.000 euros.

Así mesmo, acordaron presentar á Consellería de Cultura, Educación F.P. e Universidades un proxecto ao abeiro da convocatoria de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural.

21 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.