Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aproban un orzamento social no que o PP negreirés ve carencias

O goberno socialista cre prioritaria a axuda no fogar e a atención temperá // Os populares din que faltan os cartos para luminarias

Despois da aprobación duns orzamentos que medran un 3,1 % para Negreira, ata os 5,2 millóns, dende o goberno socialista suliñan o seu carácter social. Sen embargo, a oposición do PP decidiu votar en contra, e lembra que non recollen o 20 por cento que debe aportar o Concello para cambiar as luminarias.

Deste xeito, a primeira tenente de alcalde, Mar Vida, explicaba que “é un orzamento social e realista coa situación económica que estamos a vivir, pensado por e para os veciños e veciñas de Negreira, que recolle as demandas da veciñanza e das distintas entidades do noso tecido asociativo mantendo e incrementado os servizos, e todo isto sen subir ningún imposto ou taxa municipal”, destacando o aumento do gasto social en relación ao ano 2021, destinado a partidas e proxectos prioritarios para o Concello de Negreira como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ou a Unidade de Atención Temperá, entre outros.

Ademais, destinaranse máis de 308.000 euros a mellorar as infraestruturas no casco urbano e as parroquias.

Pero dende as filas populares, Rubén Suárez cre que deberían incluírse os cartos para a mellora enerxética. E nos gastos, opina que a suba de menos dun 4 % non está en consonancia cunha inflación que hoxe supera o 9 %. E tamén critican que “sendo un ano Xacobeo non se destinen máis de 13.000€ a turismo, sabendo que o Camiño a Fisterra supón un destino para moita xente e uns ingresos para empresas locais.

E cabe salientar que seguimos agardando por un técnico de turismo, no que xa pasada a Semana Santa e as portas do verán seguimos sen el”.

Remata preguntándose se é legal que o conserxe substituto teña outras tarefas no Concello, ao tempo que lamentan que a XXV Festa dos Maiores non fora máis lucida e que non se segregase o leiraparquin do dispensario.

24 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.