Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
A veciñanza de Muxía e os turistas terán entre este sábado e domingo dous días cargados de festexos coa máis variada e completa programación // Xaramiños do Corpiño, Abaladeiras de Muxía, Vaiche boa, Peta Forte, Nin chica nin patacón, Fol de veneno e Os Viqueiras son os grupos musicais TEXTO A. Prada

Arranca o Mercado das Rutas do Mar

O Mercado das Rutas do Mar é unha festa que organiza Muxía para celebrar a súa tradición, a súa cultura mariñeira e desfrutar coa gastronomía, os oficios e a música. Todo, sen esquecer a cultura do campo que durante séculos se uniu ao traballo do mar para manter a vida dos veciños e veciñas.

Este ano o festexo chega máis forte ca nunca e así o quixo reflectir o alcalde, Iago Toba: “a viaxe, desta vez, foi ben longa pois dous anos de travesía pasando polos peores mares, loitando contra as peores circunstancias fixeron que a ruta se alongase moito máis do que todos e todas desexábamos”, comeza dicindo o rexedor no saúda da presentación dos festexos. “Pero queridas e queridos meus, chegamos a bo porto, e fomos quen de recuperarnos de todas as dificultades para poder celebrar a edición máis grande e improsionante”, enorgullécese.

“Teño a completa seguridade de que estes dous días de mercado reunirá neste municipio ao melloriño: aos mellores manxares, as mellores bebidas, os mellores músicos, os mellores espazos e escenarios, os mellores danzantas, os mellores produtos, os mellores artesáns...”

O alcalde destaca especialmente a xente e a tradición: “Eu só vos quero pedir unha cousa: que a vivades! que a vivades con todas as forzas! Pois esta festa está feita dende o corasón por nós e para nós, e para todos aqueles que se sinta coma nós: uns namorados de Muxía”

PROGRAMA A veciñanza e os turitas terán entre este sábado e domingo dous días cargados de festexos coa máis variada e completa programación. Este sábado a xornada arranca cun pasarrúas a cargo de Violinistas das Sereas. Acto seguido darase paso á lectura do pregón no balcón do Cabo da Vila de man de Iago Guisamonde.

Ao longo da mañá non faltará a música de man de Pasarrúas de Galicia, Pasarrúas da Tripulación do barco Pantasma, Pasarrúas Violinitas das Sereas, A Fada do Monte Cachelmo ou Diaños Saídos do Inferno. Non faltarán tampouco espectáculos de acrobacia como O Danzar da Buserana. Os grupos musicais que farán festa durante estes dous días son Xaramiños do Corpiño, Abaladeiras de Muxía, Vaiche boa, Peta Forte, Nin chica nin patacón, Fol de veneno e Os Viqueiras.

Xa na xornada do domingo, a celebración arrancará coa apertura do mercado de man do pasarrúas Violinistas das Sereas. E de novo, ao longo da xornada os asistentes desfrutarán da música e dos espectáculos.

Iso si, para rematar o festexo con bo sabor de boca haberá unha degutación gratuita de peixe espada no paseo marítimo ás 22.00 horas e ás 22.30 horas farase un gran espectáculo piromusical no paseo marítimo de Muxía. Co nome de Terra, está inspirado no grupo musical Tanxugueiras.

Por suposto, os máis pequenos e pequenas da casa tamén teñen o seu oco na celebración. E é que dende o Concello lembran que durante esta fin de semana contarán cun espazo infantil ataviado cunha noria, un barco de madeira e distintos xogos para que se eles tamén se divirtan durante o festexo.

13 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.