Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arrancan en Melide dúas xornadas de compras polo pequeno comercio

A feira de stocks celebrarase nesta edición en cada tenda, a diferenza dos anos anteriores

O pequeno comercio foi sen lugar a dúbidas un dos sectores máis prexudicados durante a pandemia e é por iso que toda campaña con ánimo de incentivalo é moi necesaria. En Melide teñen moi claro que unha das mellores formas de facelo é a través da súa xa famosa feira de stocks: Mercamelide. Con todo, este ano a novidade será que se vai organizar nas propias tendas.

A Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide, en colaboración co Concello, celebrará este venres 12 e o sábado 13 de agosto o Mercamelide na rúa en máis dunha vintena de comercios locais da vila con grandes descontos e cunha ampla variedade de artigos.

Neste Mercamelide na rúa participarán 22 comercios de proximidade de diversos sectores: Noguerol Cociña e Baño, Toysmaniatic Melide, Pequeniños Zapatería Infantil, Mis Mejores Labores, Flor de Toxo, Perfumería Lyss, Stardemoda, Sueños Moda Infantil, Colorín Colorado, Romero Zapaterías, Tu Boutik, Modas Alfonso, Calzados Broz, Electrosan, Mercería Marvi, Shako Moda, Creacións MJ, M&M Moda, Diva Pro, Sisuka, Vilela e Magnin.

Durante os dous días que dura a campaña de oportunidades, os comercios participantes terán nos seus locais descontos e rebaixas especiais en artigos e produtos en stock. O horario das tendas no Mercamelide na rúa será o habitual de cada unha, de mañá e tarde. Ademais, cada tenda adherida a esta iniciativa contará cunha decoración especial, unha alfombra de cor violeta na entrada e folletos informativos cun mapa onde estarán marcados todos os negocios adheridos á iniciativa para que a veciñanza e os visitantes poidan localizar con facilidade todos os comercios participantes.

Dende o equipo directivo de ASETEM-CCA fan fincapé nos tres obxectivos principais que ten a feira de descontos, e que son impulsar a venda daqueles produtos en stock que os establecementos de proximidade non conseguiron vender en tempada; promover as compras nos establecementos locais e favorecer que os turistas e os visitantes se acheguen ao municipio durante estes dous días para aproveitar as ofertas.

comarcas@elcorreogallego.es

Verán cultural na vila

··· Melide está a ter un verán cargado de música, actuacións e cine para toda a familia. O sábado día trece soará a guitarra acústica moderna de Nino Costoya na Praza do Convento.

··· O domingo 14, Os Piñeiros efectuarán o seu tributo ao pop-rock clásico, na Praza das Ichoas, á unha da tarde.

··· O día 4 de setembro, Pepe Piña estará na vila co espectáculo de Joe Cocker aos Ronaldos, a partir das 13.00 horas na Praza das Ichoas.

··· Tamén ten un lugar destacado no programa o cinema. O día 15 proxectarase o documental titulado Outros camiños ás 22.00 no centro sociocultural Mingos de Pita.

··· Hai oco ademais para espectáculos infantís: Cuacac, e para a maxia.

12 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.