Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Yung Beef, Erin e Bárbara Lago actuarán na localidade sonense // O cartel inclúe dezaseis horas de música de alto nivel, sendo esta a edición con máis presenza de galegos sobre o escenario // A cita terá lugar os días 1, 2 e 3 de xullo TEXTO Marta Torres

Artistas punteiros no programa máis ambicioso do Rompetiño

Os días 1, 2 e 3 de xullo terá lugar en Porto do Son a reunión máis grande de apaixoados dos deportes extremos e a cultura urbana: o Rompetiño Jump. Tras un ano en branco e outro marcado polas estritas medidas de seguridade debido á pandemia, a xente do Barbanza agarda con ansia o festival por excelencia, que voltará co seu formato orixinal.

A organización do evento foi anunciando nos últimos meses as actuacións musicais da Music Zone do Rompetiño, presentando unha programación ambiciosa con máis de dezaseis horas de música de alto nivel que fará as delicias dos asistentes.

Este verán o público poderá desfrutar de Yung Beef, Sticky M.A., Hard Gz, Dollar Selmouni, Costa, Sofía Gabanna, Bárbara Lago, Dirty Suc, Kaixo, Astray, Gloosito, Erin, Ergo Pro & Ill Pekeño, Steve Lean, Lowlight, Kike Varela, Santorino, Martín Pérez ou da batalla de galos. Así, no cartel deste ano destaca a aposta forte polos artistas da terra, xa que é a edición con máis presenza galega, tanto novas promesas como cantantes consolidados, así como polo techno e a música electrónica.

Entre os artistas que recalarán en O Son atópase Fernando Gálvez, máis coñecido como Yung Beef, unha das figuras punteiras do trap nacional que chega ao Rompetiño como cabeza de cartel ca súa xira Og Tour, sendo este o único concerto que ofrecerá en Galicia. Gálvez é moi versátil, mesmo o podemos escoitar facendo trap ou reguetton.

Tamén estará presente Sticky M.A., un rapeiro español pertencente ao colectivo Agorazein xunto con outros artistas como C. Tangana, Jerv o Fabianni. Subirase ás taboas por primeira vez cun show moi completo co trap máis vangardista.

Quen sí repetirá será Dollar Selmouni. Despois do éxito en 2019 é un dos cantantes máis esperados e queridos. Volta a Galicia cun disco novo debaixo do brazo para poñer o festival patas arriba.

Á cita tamén está convidada Sofía Gabanna, unha das promesas do rap arxentino que está rompendo o panorama nacional coa súa música. Trátase dunha das grandes apostas do Rompetiño Jump para esta edición. Fai unhas semanas lanzou un EP que poderán desfrutar en directo na Music Zone.

Outra que se dará cita no festival será Bárbara Lago, a DJ de techno máis importante de Galicia, que será a encargada de pechar o apartado musical do evento cun dos sets máis espectaculares do panorama galego.

Ademais, compartirá escenario con Erin, que chega ao Rompetiño como padriño do festival. Esta será a cuarta vez que asista e está previsto que presente multitude de singles que sacou á luz este mesmo ano. O seu regreso tamén é un dos máis agardados.

Poden adquirirse abonos para a Music Zone (con e sen camping) na páxina web woutick.es.

Os impulsores informaron da recuperación do formato habitual coa celebración das competicións deportivas (que este ano se desenvolverán na explana portuaria), a zona de tendas e restauración de día. Espazos que, como é habitual, serán gratuítos para o público en xeral.

camiseta oficial. Asemade, para 2022, o Rompetiño Jump, da man dun dos seus patrocinadores principais, Rompiente Clothing, aposta por crear para as pezas oficiais do festival unha liña ECO, con roupa fabricada con algodón ecolóxico. Están á venda en Cultura Urbana (Santiago), 360 Deportes (Porto do Son) e na web rompienteclothing.com, ademais de no propio festival.

Unha cita coa cultura urbana que medra cada ano. Unha volta apoteósica que, máis que nunca, promete.

03 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.