Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arzúa inaugura o parque infantil máis moderno
e seguro da súa historia

É o único co que conta o casco urbano e acaba de renovar todos os elementos de xogo e o pavimento, ampliando a súa superficie

Os nenos e nenas do concello de Arzúa xa teñen plan para esta fin de semana: estrear as renovadas instalacións do parque infantil da vila, o único co que conta o casco urbano, xa que, segundo fontes municipais, habería outro, pero ubicado en Santa María, ás aforas do municipio.

O alcalde, José Luís García, explica que o novo parque, ubicado ao carón do Campo da Feira, ademais de cumprir con toda a normativa de seguridade, ofrece unha importante variedade de novos elementos de xogo.

O novo proxecto permitirá non só mellorar a imaxe do recinto, senón tamén ampliar a zona de xogos dun espazo moi empregado polas familias con nenos en idades de entre un e doce anos.

O goberno municipal destinou máis de 100.000 € a facer realidade este proxecto que foi executado nos últimos tres meses pola empresa Jardincelas, e que supuxo o acondicionamento integral do entorno e a ampliación do mesmo en máis de douscentos cincuenta metros cadrados.

Dotouse dun solo blando a toda a superficie da área de xogo mediante un pavimento de caucho continuo e colocáronse elementos novos, modernos, cómodos e seguros nunha superficie que abrangue na súa totalidade 725 metros cadrados.

O rexedor fixo especial fincapé na importante función que teñen os parques como espazos de encontro, dado que reportan importantes beneficios para a cidadanía.

García engadiu, ademais, que “Arzúa conta agora cun espazo de ocio con todas as garantías e que poñemos a disposición e desfrute de todos os nosos nenos e nenas”.

O mandatario arzuán quixo salientar a adicación do seu goberno “non só no mantemento e conservación de espazos, senón tamén na súa mellora e ampliación, logrando crear espazos verdes e de ocio para poñelos en valor e que poidan desfrutar deles os veciños e veciñas”, dixo.

VERÁN. Por certo que os cativos teñen tamén á súa disposición a programación cultural de verán. O vindeiro 31 de agosto está prevista a celebración da segunda edición do Serán Cativo tras o éxito acadado na anterior. Nesta ocasión contará cun obradoiro de xogos tradicionais e co espectáculo de música e contos de tradición oral titulado A formiga no carreiro.

31 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.