Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arzúa, oferta de ocio natural e do Camiño

O concello de Arzúa presenta no Salón de Turismo de Galicia, Turexpo, toda a súa potencialidade de ocio na natureza e do seu patrimonio cultural e monumental vencellado ao Camiño de Santiago. No stand que instalou no recinto feiral de Silleda a concellería de Turismo, o visitante poderá acceder a diverso material audiovisual e dixital no que se recollen as paisaxes, rutas de sendeirismo, instalacións deportivas e guía de ocio da vila con todos os establecementos de hostalería e restauración.

Para a concelleira de Turismo, Begoña Balado, esta presencia “supón o punto de arranque dunha ambiciosa campaña de promoción da vila que nos levará participar en salóns profesionais nacionais e internacionais”.

A través dun Qr terase acceso a nova web de turismo de Arzúa na que se amosan unha gran cantidade de fotografías, acompañadas de textos explicativos que poden ser seleccionados en galego, castelán ou inglés. Con esta ferramenta búscase acceder ao público, tanto nacional coma internacional, que tradicionalmente cruza o territorio peregrinando a Compostela.

Outra das novidades é a presenza de mapas interactivos que mostrarán os principais activos turísticos dunha maneira atractiva e cunha experiencia de usuario orientada a conseguir que os potenciais turistas exploren e descubran todo o que se lles ofrece.

Para fomentar a comercialización de Arzúa como destino, a concelleira xestionou a presencia dos operadores de restauración e hostalaría da vila na Bolsa de Contratación turística dos vindeiros 3 e 4 de setembro. Este encontro resulta de especial interese para os establecementos porque poderán tomar contacto con destacados touroperadores e supón unha posibilidade destacada para dar a coñecer as súas ofertas.

04 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.