Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Esta nova liña de subvencións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda conta cun orzamento dun millón de euros // O Goberno galego destaca a simplicidade da tramitación e os requisitos básicos que hai que cumprir TEXTO M. Boo

As axudas da Xunta para ‘matar’ o feísmo superan as 150 solicitudes

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destaca que a orde de axudas para emendar os impactos paisaxísticos xa superou a barreira das 150 solicitudes en toda a Comunidade galega.

En apenas dúas semanas desde que fora publicada no Diario Oficial de Galicia a primeira convocatoria desta orde de subvencións, que conta cun orzamento dun millón de euros, presentáronse 154 solicitudes. Polo tanto, chegaron unhas dez ao día, segundo as estimacións do Instituto de Estudos do Territorio, encargado de xestionalas.

Desde a Consellería destácase que parte da boa acollida destas axudas é o compromiso dos galegos para evitar os impactos paisaxísticos nos concellos e o feito de que debe seguir unha tramitación fácil e sinxela, pois só deberán presentar unha pequena memoria explicativa da actuación, unha reportaxe fotográfica, a factura da actuación realizada e a xustificación do pago.

As actuacións obxecto desta subvención son: mellora dun tellado ou da medianeira dun edificio, así como das fachadas, seguindo a solución que a Guía de cor propón para a súa contorna; o acondicionamento e mellora de peches de fincas de gran dimensión, mediante a substitución de muros opacos por cachotería tradicional ou sebes vexetais; ou revestimento de muros de cerramento con bloques de formigón.

Foron moitas as respostas positivas que acadaron as persoas que tramitaron unha solicitude de axuda para levar a cabo pequenas intervencións nas vivendas e inmobles da súa propiedade, co obxectivo de mellorar visualmente a edificación e evitar un punto de impacto na contorna na que se asentan. Teñen de prazo ata o vindeiro 31 de maio.

A Xunta estima que co orzamento desta convocatoria poderá atender máis de 300 solicitudes, cun máximo de 3.000 euros por cada unha delas. En cada caso, a Administración autonómica cubrirá o 70 % do importe global do proxecto de mellora paisaxística, que poderá incluír unha ou varias actuacións.

Desde a Consellería de Medio Ambiente sinálase que o esforzo e a implicación de todos pode incrementar o valor patrimonial dos inmobles e, por suposto, da paisaxe de Galicia, polo que se recorda aos concellos, as administracións máis próximas aos cidadáns, a necesidade de colaborar nas xestións e trámites que son da súa competencia, como axilizar as autorizacións de carácter municipal oportunas para o desenvolvemento destas actuacións.

BALANCE NA COMARCA. Na comarca compostelá o balance non pode ser máis positivo tanto polo número de solicitantes como polas subvencións aprobadas, destacando as 9 actuacións en Melide, ou as 5 en Ordes e outras tantas en Trazo.

No conxunto da provincia, na Coruña concedéronse 158 axudas por un importe de 419.451,84 euros. É a provincia que se sitúa á cabeza.

Os concellos da comarca de Santiago beneficiados acaparan o 37,35 % das solicitudes concedidas e un 34,7 % do orzamento destinado á da provincia coruñesa.

Desglosados os datos da comarca, Melide recibiu nove axudas por un importe total de 23.672,66 euros; Ordes levou cinco por 14.041,34 euros e Trazo outras cinco por valor de 15.000 euros. Con catro subvencións concedidas figuran Ames, cun total de 7.998,14 euros; Santa Comba, con 7.700,50 euros; Tordoia, con 12.000 euros; e Val do Dubra, con 10.863,40 euros.

Aprobáronse tres solicitudes de Teo, que se repartiron 7.316,70 euros, mentras que Vedra logrou dúas por valor de 4.397,55 euros. E cunha axuda figuran A Baña e Brión cun valor idéntico, xa que se concederon 3.000 euros para cada un dos proxectos presentados á citada convocatoria da Xunta de Galicia.

comarcas@elcorreogallego.es

Hai que selo e parecelo
Manuel Boo

no tempo dos romanos naceu a frase que di: “A muller do César non só debe ser honesta, senón que ten que parecelo”. Galicia agora acapara numerosos piropos pola súa beleza, a súa paisaxe, a gastronomía, o patrimonio... Pero non abonda con ter toda esa riqueza. Ademais hai que facer por todos os medios que Galicia pareza a mellor terra do mundo e para que o sexa, e iso pasa por acabar co feísmo. A loita non é nova, pero agora hai uns incentivos que invitan a mudar esas paisaxes derivadas da deixadez ou da escaseza económica. Estas axudas poden facer de Galicia un curruncho máis fermoso apagando esas labazadas á vista que tanto dano fan en forma de fachadas a ladrillo descuberto, cos tellados limpos de tellas...

31 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.